O Concello de Redondela vén de instalar cámaras para controlar o acceso ao casco histórico. Dende o Goberno municipal lembran que as restricións de tráfico no casco histórico comezaron xa en 2012, pero ata o de agora o sistema presentaba moitas eivas. Os incumprimentos das limitacións establecidas son moi frecuentes, “o que supón un grave prexuízo para o patrimonio e unha inseguridade para os peóns”,
Estas cámaras -ás que só teñen acceso as forzas de seguridade- teñen como obxectivo facer do casco histórico unha zona máis accesible. Deste xeito, os visores están nos puntos do casco vello recomendados no estudo realizado pola Policía Local: praza da Constitución, na rúa Prata, rúa Pai Crespo e rúa Campo das Redes.
Tamén en vigoalminuto
- La Comisión Europea prioriza el AVE Madrid-Lisboa y deja en el aire la conexión Vigo-Oporto
- Down Vigo estrena su nueva sede en el Casco Vello, con más de 1.100 metros cuadrados
- El Concello de Vigo tendrá que garantizar que el ruido de Navidad no vulnere los derechos de una vecina de Areal
- El alumnado del CIFP Manuel Antonio convoca huelga para exigir clases seguras y libres de amianto
- Más de 700.000€ para la nueva cubierta y el césped artificial del campo de fútbol de Samil
- La Policía desarticula en Vigo y Nigrán una organización dedicada al tráfico de cocaína y marihuana
Só en probas
Nesta primeira fase as cámaras só funcionan en probas, para monitorear e cuantificar o tráfico que circula por estas rúas. Posteriormente as cámaras de tráfico servirán para verificar que só circulan polo caso histórico os vehículos autorizados, xa que identificarán as matrículas. Antes de que a o sistema de control por cámaras entre oficialmente en funcionamento, “desde o Concello informarase á cidadanía con detalle do seu funcionamento e das restricións no acceso”.

Nunha nota, o Goberno local indica que este novo sistema evitará que as persoas non residentes circulen polo casco histórico, o que reducirá dun xeito moi significativo o tráfico. As cámaras servirán para previr o estacionamento indebido e “axudarán a que as rúas sexan máis seguras“. Os dispositivos terán tamén un efecto disuasorio ante actos incívicos e de vandalismo que ocasionan molestias aos residentes. No caso de áreas delicadas, as cámaras axudarán a protexelas e, no caso de rexistrarse algún problema, a axuda chegará antes, xa que estarán conectadas á policía.







