Cultura

Búscanse 400 guerreiras e guerreiros

Para conquistar unha nova edición da Glatiator Race Junior Eurocidade Cerveira-Tomiño

Chegou a hora de demostrar a forza, a maña, a valentía e o compañeirismo na segunda edición da Gladiator Race Junior Eurocidade Cerveira-Tomiño. Chega unha nova cita con esta emocionante carreira de obstáculos deseñada para a infancia e mocidade cerveirense e tomiñesa e organizada ao abeiro do Orzamento Participativo Transfronteirizo (OPT), co que se busca dinamizar máis alá das fronteiras actividades deportivas e de lecer baseadas nos xogos tradicionais pero tamén nos deportes máis actuais.

Sábado 5 de xullo, no Espazo Fortaleza de Goián

As probas terán lugar o próximo sábado 5 de xullo no Espazo Fortaleza de Goián, que acollerá tres probas totalmente de balde adaptadas a diferentes idades.

  • Así, ás 10.30 h os máis pequenos e pequenas (3 a 6 anos) poderán participar na categoría Mini Kids, que contará cun percorrido de 500 metros e 12 obstáculos nos que estarán acompañados por unha persoa adulta que poida axudar a superar as probas.
  • A rapazada de 7 a 11 anos enfrontarase a partir das 11.00 h a un circuíto de 1 km e 16 obstáculos na categoría Kids.
  • Mentres, pola súa banda, os mozos e mozas de 12 a 20 anos formarán equipos mixtos de entre 5 e 7 integrantes para participar na categoría Junior, que comezará ás 11.30 h e contará cun percorrido de 2,5 km e 25 obstáculos.

Tamén en vigoalminuto


400 novas prazas

Tras o éxito de participación na súa primeira edición, a proba regresa con 400 novas prazas para garantir un día de diversión e deporte ao aire libre nunha xornada para gozar en familia ou en compañía de amizades. As persoas interesadas en participar poden facer xa as súas inscricións a través da web oficial da Gladiator Race. A data límite para a inscrición será o 3 de xullo.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.