Galicia

O grupo socialista esixe explicacións a Rueda por «agochar durante meses» a denuncia por agresión sexual contra o seu conselleiro do Mar

Considera este feito de «gravidade extrema»

O Grupo Parlamentario Socialista esixiu hoxe «explicacións inmediatas» ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, por «agochar durante meses que o seu conselleiro do Mar estaba sendo investigado por unha presunta agresión sexual». A voceira socialista de Igualdade, Paloma Castro, advertiu de que “a dimisión de Villares non pecha nada” e recalcou que “Rueda sabía, e non fixo nada”.

«Gravidade extrema»

Castro condenou a ocultación dun feito “dunha gravidade extrema” por parte do presidente da Xunta, que tivo coñecemento da investigación desde febreiro e permitiu que o conselleiro seguise exercendo como se nada ocorrera. “O que fixo Rueda foi agachar, tapar e esperar que non transcendera. Ese silencio é inasumible e require explicacións políticas inmediatas”, advertiu.

Solidariedade coa vítima

A voceira socialista amosou tamén a súa solidariedade coa vítima e expresou a súa condena firme á filtración do seu nome, “unha vulneración intolerable da súa intimidade”. “Ser unha persoa mediática non lle resta dereito á protección”, lembrou, e reclamou que se investigue quen filtrou esa información.

“A prioridade non pode ser a protección do denunciado, como está a facer o Partido Popular, senón garantir os dereitos da vítima e a súa seguridade, indicou Castro, que denunciou o “cinismo” e a “hipocrisía” do goberno galego, “que agora pretende presentar como un acto de responsabilidade unha dimisión que só se produciu cando a Villares  xa non lle quedaba outra saída”.


Tamén en vigoalminuto


As declaracións de responsabeis populares «exemplos do que non se debe facer»

Neste sentido, a deputada socialista criticou tamén as declaracións de representantes do PP como Paula Prado, Elena Candia ou o propio presidente Rueda, que cualificou como “exemplos do que nunca se debe facer ante un caso como este”.

O Grupo Parlamentario Socialista rexistrou esta mesma mañá unha batería de iniciativas parlamentarias para que Rueda explique desde cando coñecía a denuncia, por que non actuou e por que decidiu agochala. “Non vale con quedar calado, nin con mirar para outro lado. Ten que dar a cara e pedir desculpas á cidadanía”, concluíu.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.