O Bloque Nacionalista Galego (BNG) de Vigo presentou este martes na Xerencia de Urbanismo unha proposta para a creación, antes de que finalice este ano 2025, dun programa municipal de impulso ao cooperativismo de vivenda en réxime de alugueiro ou cesión de uso, co obxectivo de combater a “emerxencia habitacional que afecta a cidade”.
A iniciativa busca ofrecer unha “solución innovadora e accesíbel” fronte á escalada dos prezos dos alugueiros, que rexistraron un incremento de case o 30% nos últimos cinco anos, e á proliferación de pisos turísticos, que quintuplican a oferta de vivendas dispoñíbeis para alugueiro residencial.
O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, xustificou a medida asegurando que “as viguesas e vigueses non poden agardar ao desenvolvemento do novo Plan Xeral de Abel Caballero”.
A proposta do BNG responde á necesidade de medidas urxentes ante a “incapacidade do actual Goberno municipal para avanzar na construción das 14.500 vivendas protexidas prometidas no novo PXOM”, cuxa execución depende en gran medida de promocións privadas estancadas en PERIs desde os anos 80 e para as que inda está por elaborar e aprobar a planificación detallada. Neste contexto, o cooperativismo de vivenda preséntase como “unha alternativa viábel” que combina os beneficios do alugueiro e da propiedade, promovendo un acceso digno, asequíbel e non especulativo.
Un “modelo innovador” para a estabilidade residencial
Igrexas puxo en valor o modelo alternativo que representa o cooperativismo de cesión de uso. Unha fórmula que permite que as cooperativas manteñan a propiedade colectiva dos inmóbeis, mentres as persoas socias obteñen un dereito de uso indefinido a cambio dunha achega inicial recuperábel e cotas mensuais, a xeito de alugueiro, axustadas aos custos reais, non ao desorbitados prezos de mercado.
Este sistema elimina intermediarios especulativos, reduce custos , “e fomenta a participación democrática e a creación de comunidade. É unha solución que garante estabilidade residencial e combate a especulación, para facerefectivo odereito fundamental á vivenda digna”, resumiu o portavoz municipal nacionalista.
Tamén en vigoalminuto
- 108 residentes de Medicina e 22 en Enfermería realizan a súa formación na Área Sanitaria de Vigo
- O grupo socialista esixe explicacións a Rueda por “agochar durante meses” a denuncia por agresión sexual contra o seu conselleiro do Mar
- Príncipe alcanza un 92% de ocupación y se consolida como “eje comercial clave” en Vigo
- Ni adolescentes, ni solitarios: el 84% de los y las gamers gallegos tiene más de 35 años
- Javier Bas lamenta que “Redondela vaia ter orzamentos, pero non goberno”
- El Concello rechaza la decisión del Gobierno de no crear en Vigo un nuevo Juzgado de Violencia sobre la Mujer
Experiencias de éxito
O modelo proposto polo BNG inspírase en experiencias exitosas en territorios como Cataluña, Aragón ou Asturias, referenciadas en iniciativas como o cohousing de Dinamarca, onde o cooperativismo de vivenda demostrou ser unha ferramenta eficaz para promover cidades máis inclusivas e sustentábeis. “En Vigo, onde a presión inmobiliaria especulativa dificulta cada vez máis o acceso á vivenda, este programa podería marcar un antes e un despois”, subliñou Igrexas.
Cesión de solo público
O BNG insta o Concello de Vigo a liderar esta iniciativa mediante a cesión de solo público, axudas económicas e unha regulación específica que facilite a creación de cooperativas de vivienda para alugueiro. “O Goberno municipal ten a oportunidade de converter Vigo nun referente en vivenda cooperativa, promovendo un modelo de cidade máis xusto, cohesionado e comunitario”, defende Igrexas.