Deportes

Galicia, campioa de España Sub 21 de Taekwondo

A selección galega foi primeira na categoría masculina e segunda na feminina

Galicia proclamouse en Valladolid, campioa de España sub 21 na clasificación xeral por equipos, trala suma dos resultados individuais. A selección galega foi primeira na categoría masculina e segunda na feminina, o que lle permitiu facerse co título estatal con moita vantaxe sobre a segunda (Cataluña).

En total, as e os nosos taekwondistas lograron seis ouros –Sergio Troitiño, Adrián Salanova, Javier Otero, Helena García, Carla Sesar e Elisa Fernández -, unha prata –Iago Mallo– e dous bronces –Ekaterina Rebón e Irene Rodríguez -. Os campións de España lograron a clasificación para o Europeo da categoría -decembro, Kosovo- e o Mundial, aínda por definir.

Troitiño

Sergio Troitiño (-87, Mat´s) comezou o Campionato de España ante o catalán Ramón Guasch ao que eliminou en dous asaltos moi contundentes (10-0 e 12-0). Na semifinal enfrontouse ao madrileño El Arnouki, ao que tamén supera de forma moi clara (12-0 e 7-0). Na final, Troitiño volvía verse as caras con Cristóbal Pérez (Andalucía) ao que se enfrontara no Campionato de España Absoluto e Sergio repetiu triunfo e, como nos combates anteriores, con tremenda autoridade (15-6 e 12-0).

Salanova

Adrián Salanova (-68, Maniotas) proclamouse campión de España sub 21 tras vencer a catro rivais. O primeiro combate, ante Rommel Vega (Madrid), estivo moi axustado a pesar de que se decidiu en dous asaltos, pero en ambos por só un punto (2-3 e 8-9). Posteriormente, venceu a David Pueyo (Navarra) en dous rounds e na semifinal tivo que chegar ata o terceiro ante Iván Albert (Valencia) para vencelo e clasificarse para a final. Jorge Milán (Murcia) foi o finalista, pero o noso deportista foi superior e impúxose en dous asaltos.

Javier Otero

Javier Otero (-54, Natural Sport) é o terceiro campión de España sub 21 galego. Javi venceu a Anwar Benteib (Cataluña) en primeira rolda en dous asaltos e nos cuartos de final enfrontouse a Marcos Pazos (Baleares), onde novamente o galego gañou con claridade. Otero tiña como rival a Ángel Aguiló (Madrid), pero non se presentou por lesión, polo que o galego puido avanzar á final, onde esperaba Jairo Agenjo (Valencia). Otero non lle deu opcións e venceu en dous rounds para proclamarse campión de España sub 21.


Tamen en vigoalminuto


Carla Sesar Vila

Carla Sesar Vila (-57, Natural Sport) segue nesa racha imparable esta tempada. Nesta ocasión acadou o título de campioa de España sub 21 tras vencer en catro combates por 2-0. En oitavos de final eliminou a Nerea Carreño (Euskadi) e nos cuartos a Malén Montero (Castela e León). Así logrou plantarse nas semifinais e garantir a medalla, pero Carla quería máis. Así que gañou a Salma Khatiri Amrissanil (Murcia) para clasificarse para a gran final e aquí venceu a Irene Maroto (Madrid), sempre en dous asaltos, sen necesidade de ir ao desempate.

Helena García

Helena García (-73, Dobok) é outra das nosas campioas de España sub 21. A taekwondista do Dobok gañou nos cuartos de final a Yaiza Patiño (Castela a Mancha) en dous asaltos. Na semifinal deu boa conta de Anna Yerpes (Cataluña), tamén sen necesidade de acudir ao terceiro asalto (2-0) e na final, coa mesma contundencia, superou á tamén catalá Julia Fernández.

En – 53 feminina tivemos dobrete galego. Elisa Fernández (Garrapucho) logrou a medalla de ouro, mentres que Irene Rodríguez (Natural Sport) foi bronce. Elisa Fernández superou nos oitavos de final a Perla Santamaría Muñoz (Estremadura), nun combate que foi aos tres asaltos e nos cuartos enfrontouse á vasca Izarbe Cimadevilla del Rincón 2-0). Na semifinal tocou duelo fraticida, ao enfrontarse as dúas galegas, con vitoria de Elisa por 2-0. A final foi ante Anna Ibars Alcántara (Cataluña) e a nosa taekwondista resolveu en dous asaltos. Pola súa banda, Irene Rodríguez gañou en oitavos a Carmen Montero (Castela e León) en dous asaltos e nos cuartos a Leire Echaniz (Navarra), tamén pola vía rápida. So caeu ante a súa compañeira de selección.

Iván Mallo e Ekaterina Rebón

Iago Mallo (-80, Tao) conseguiu a medalla de prata, tras perder na final ante o representante de Castela e León, Mikel Fernández (2-0). Antes, superou nos cuartos de final ao catalán Gerard Recasens (Cataluña) en dous asaltos, e co mesmo resultado na semifinal a Francisco Vilar (Andalucía).

E rematamos coa medalla de bronce de Ekaterina Rebón (-62, Número Phi). A galega  perdeu na semifinal ante Martina Torrents (Cataluña) por 0-2. Con anterioridade venceu a Ana Chillón (Madrid) en oitavos de final (2-0) e a Marta Domínguez (Cataluña) nos cuartos tamén en dous asaltos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.