Comarcas

Comeza no Porriño a campaña ‘Adianta o Verán’, con regalos por comprar no comercio local

Tamén segue aberta a inscrición para monitor de tempo libre

O Concello do Porriño, en colaboración coa Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), pon en marcha a campaña promocional “Adianta o verán”, que se desenvolverá do 2 ao 20 de xuño de 2025, ou até esgotar rascas, co obxectivo de dinamizar e fomentar o comercio local no inicio da tempada estival.

Esta iniciativa ofrece a oportunidade de participar de xeito gratuíto nunha promoción na que os clientes poderán gañar bolsas neveriñas e bolsas de praia, incentivando así a compra nos establecementos asociados a ACIPOR.

Durante a campaña, os comercios participantes entregarán rascas por cada compra realizada, que poderán ser canxeados ata o 23 de xuño de 2025 nos establecementos colaboradores: Lola, Zafiro, Lencería Tere, Maritta, Rayuela, La Antigua Mueblería, Mapa e Congelados Frandi.

En total, a promoción conta con 42 bolsas neveriñas e 78 bolsas de praia como premios, e está aberta a todas as persoas físicas que fagan compras nos establecementos asociados durante o período da campaña.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar coa ACIPOR a través do correo
[email protected] ou do teléfono e WhatsApp 641 10 97 16.


Tamén en vigoalminuto


Ollo! o prazo para inscribirse no curso de monitor de tempo libre está a piques de pechar

A Concellería de Xuventude do Concello do Porriño, a través da OMIX, organiza un novo Curso Oficial de Monitor/a de Actividades de Tempo Libre, que se desenvolverá no verán de 2025. A formación será impartida pola cooperativa Avada S. Coop. e a Escola de Tempo Libre Scolé, e conta con todas as garantías de calidade e homologación oficial.

O curso realizarase en modalidade semipresencial, cun total de 200 horas teóricas:

  • Sesións presenciais: do 16 ao 27 de xuño, no Centro Cultural Municipal do Porriño (100 horas)
  • Formación en liña: do 28 de xuño ao 11 de xullo (100 horas)
    Unha vez rematada esta fase, o alumnado deberá completar 150 horas de prácticas obrigatorias
    en entidades colaboradoras.
  • Ao finalizar, as persoas participantes obterán o título oficial de Monitor/a de Tempo Libre,
    requisito imprescindible para traballar en campamentos, ludotecas, granxas escola, actividades
    extraescolares, establecementos turísticos, entre outros.

O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de xuño, mediante o seguinte formulario: https://forms.gle/xBZoCEv98WYPjRa88. Actualmente, só quedan 5 prazas dispoñibles. As inscricións tramítanse por orde de chegada, e terán prioridade as persoas empadroadas no Porriño. Para máis información: [email protected] e teléfono e WhatsApp: 641 10 97 16.


Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.