Avanza a rehabilitación do edificio emblemático da rúa Hortas, baixo o Castelo de San Sebastián

Permitirá sacar a concurso novas vivendas de protección

A presidenta do Consorcio Casco Vello (CCVV) visitou este luns a rehabilitación do inmoble situado na confluencia das rúas Hortas e San Sebastián, en pleno barrio histórico alto. Ana Ortiz sinalou que “moi pronto contaremos cun edificio emblemático do Casco Vello pola súa situación, baixo o castelo de San Sebastián, e polas súas dimensións”. Ortiz apuntou que a obra, que comezou a primeiros de ano, está moi adelantada e servirá para sacar a concurso dúas novas vivendas de protección autonómica.

Así, o proxecto, que se licitou por un importe de 716.241,25 euros (IVE incluído), adxudicouse por 650.000 euros á empresa Castroferro. Cun prazo de execución de 12 meses, a parcela ten unha superficie de 180 metros cadrados e a compra do inmoble supuxo outros 188.000 euros.

Locais con actividade empresarial

Por outra banda, tras a adxudicación do baixo comercial da rúa Elduayen 31, o Consorcio xa dispón de 30 locais con actividade empresarial no barrio histórico de Vigo, desde artesanos a autónomos, profesionais liberais, editorais e colectivos culturais. Outros seis locais reformados polo CCVV pertencen a asociacións empresariais e a opcións de compra exercidas polo inquilino, ademais do Rexistro Civil adquirido pola Consellería de Presidencia.


Tamén en vigoalminuto


O Consorcio xa levara a cabo en xuño de 2022 o concurso de alugueiro de vinte locais con prezos que ían dos 70 euros (rúa San Sebastián, 8) o máis barato ata os 255 euros o máis caro (Subida á Costa, 5). Catro dos baixos comerciais concentraron a maioría do centenar de ofertas e recibiron un total de 44 propostas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.