Leire Martínez, Sexy Zebras, La Habitación Roja, Dorian ou Maldita Nerea, en Vigo este verán

No Galicia Fest, os días 29 e 30 de agosto. As entradas saen á venda este mércores

Leire Martínez, Sexy Zebras, La Habitación Roja, Dorian ou Maldita Nerea, en Vigo este verán

Imagen: Sexy Zebras/ Vigo súmase aos Concertos do Xacobeo da Xunta cun novo Festival: Galicia Fest, no Peirao de Transatlánticos, os días 29 e 30 de agosto. Así o presentou está mañá en rolda de prensa o director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles. No acto, que tivo lugar no mesmo espazo onde se celebrará o festival, Merelles estivo acompañado pola delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, o presidente do Porto, Carlos Botana, e a vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez.

Merelles salientou que “Vigo suma un novo e singular evento ao seu calendario estival, que situará á cidade olívica no mapa estatal das citas estivais de referencia coa música en vivo”. O responsable de Turismo apuntou, tamén, que Galicia Fest non só busca ofrecer concertos, senón crear un espazo de encontro, gozo e descubrimento no corazón da cidade. A cita será unha oportunidade única para vivir o verán desde unha perspectiva musical fresca, urbana e con ganas de deixar pegada, cun cartel atractivo para as audiencias máis actuais”. E rematou destacando que “a cita será un novo motor socio-económico da contorna urbana, xerando gasto e riqueza cultural e converténdose nun activo da cidade para atraer a públicos curiosos de diferentes puntos de España”.


Tamén en vigoalminuto


Pola súa banda, Ana Ortiz destacou que o Goberno galego aposta de forma decidida pola cultura en Vigo, lembrando actuacións como as de Anastacia, Ivan Ferreiro, Anastacia, eventos coma One Dance Festival, Vigo Porté, o espectáculo Carmina Burana de La Fura dels Bauls, ou o Festival Musicav de jazz

Ortiz asegurou que non será o último anuncio por parte dos Concertos do Xacobeo na cidade, “moi pronto teremos algunha novidade máis”, deixou no aire.

“Un cartel de altura”

Ocartel do Galicia Fest 2025 reúne artistas cunha traxectoria consolidada en festivais e xiras por todo o país. Así, entre os nomes confirmados destacan Leire Martínez —na súa primeira xira en solitario tras a súa etapa en La Oreja de Van Gogh—, Sexy Zebras, La Habitación Roja, Dorian, Fredi Leis, Maldita Nerea, Beret —quen ofrecerá a súa única data en Galicia en 2025—, ademais de Marlon, Éxtasis, Samuraï, Hey Kid, Noan e Paula Koops.

Aínda quedan por anunciar novos cabezas de cartel, que completarán un elenco de artistas pensado para atraer un amplo espectro de público, especialmente entre os 20 e os 40 anos.

As entradas para esta primeira edición do Galicia Fest poranse á venda este venres, 30 de maio, a partir das 12.00 horas, a través da web oficial do festival.

Te podría interesar