Xa está aberto o prazo de inscrición para participar na CAE INTERRUNNING’25, que se celebrará o vindeiro 21 de setembro no Porriño. Trátase dunha cita deportiva consolidada no calendario local, organizada encolaboración co Interrunning Club, que busca fomentar a práctica deportiva, o espírito de equipo entre empresas e veciñanza, e, ao mesmo tempo, contribuír a causas solidarias.
Inscrición e modalidades
Este evento contará con varias modalidades adaptadas a todos os públicos e niveis: andaina de 8 quilómetros, carreiras de 5 e 10 quilómetros, así como probas infantís, o que permite a participación tanto de persoas habituadas á práctica deportiva como de quen se inicia nela. As inscricións poden realizarse xa a través da páxina web www.emesports.es cun prezo de 6€.
Tamén en vigoalminuto
- El musical Sonrisas y Lágrimas llega al Auditorio Mar de Vigo con tres únicas funciones

- Iván Ferreiro actuará en Castrelos el 15 de agosto

- El PP bloquea en el Parlamento una investigación sobre el proyecto de ALTRI

- La candidatura de A Coruña al Mundial 2030, en el aire

- Abel Caballero ha propuesto a 21 de los 23 Vigueses Distinguidos de este 2026, dejando sólo dos a la oposición

- El alcalde declara que Rueda ha hecho «el ridículo”, tras retrasarse el AVE Vigo-Oporto hasta 2033

Desde o Concello do Porriño anímase a toda a cidadanía, empresas e colectivos a sumarse a esta iniciativa, que non só promove hábitos saudables e o deporte como ferramenta de cohesión social, senón que tamén ten unha importante vertente solidaria. Os fondos recadados coas inscricións destinaranse a apoiar a Aceesca, o Banco de Alimentos do Porriño e a Asociación Española Contra o Cancro.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destaca a relevancia deste evento no ámbito local, «a CAE Interrunning é moito máis ca unha carreira. É unha oportunidade para que veciños e veciñas, empresas e entidades camiñen ou corran xuntos por un mesmo obxectivo: o benestar da nosa comunidade. Dende o Concello reiteramos o noso compromiso con este tipo de iniciativas que fortalecen o tecido social e promoven valores de solidariedade e cooperación”.
