Destacados Vigo al minuto

Licitadas as obras do novo Living Lab do Hospital do Meixoeiro

Por un importe de 164.750 euros

Licitadas as obras do novo Living Lab do Hospital do Meixoeiro

O Portal de Contratos Públicos de Galicia vén de publicar na súa web a licitación das obras de reforma para a creación dun Living Lab no Hospital Meixoeiro de Vigo. Así, o Consello da Xunta consignou unha partida de 164.750€ para dotar deste espazo de investigación e innovación sanitaria.

A nova unidade emprazarase na planta baixa do centro hospitalario e, inicialmente, centrarase na procura de solucións de saúde dixital para persoas afectadas por demencias ou deterioracións cognitivas. Esta temática foi elixida debido á preocupación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal polo grande envellecemento poboacional que rexistran ambos os territorios.


Tamén en vigoalminuto


Novos modelos de prestación de coidados

A súa actividade comezará coa procura de novos modelos de prestación de coidados máis sostibles, que teñan en conta ás persoas usuarias e as súas necesidades e que contribúan a mellorar a eficacia, accesibilidade e resiliencia dos sistemas de asistencia sanitaria e social.

O novo Living Lab do Hospital Meixoeiro contará cun espazo de 146 m2 e disporá de dúas consultas, unha sala de espera e unha sala multifuncional para a cocreación e testeo das tecnoloxías da saúde dixital.

Este contrato está cofinanciado pola Unión Europea no marco do Proxecto INNOV4LIFE a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, así entre os seus obxectivos contempla a creación dun ecosistema transfronterizo de innovación colaborativa en saúde dixital. As empresas interesadas en participar neste procedemento teñen de prazo ata o 16 de xuño para enviar as súas ofertas.

Te podría interesar