Galicia

A pensión media en Galicia sobe un 4,8% en maio, até 1.126 euros

Preto de 783.000 galegas e galegos cobran algún tipo de pensión

A pensión media en Galicia sobe un 4,8% en maio, até 1.126 euros

A pensión media en Galicia – que comprende a contía das distintas clases de pensión (xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e favor de familiares) -situouse nos 1.126,10€ este mes de maio, un 4,79% máis que o mesmo mes de 2024, segundo datos publicados hoxe polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

Aínda asi, segue a ser a segunda máis baixa de España– so por diante da de Estremadura, onde é de 1.107,62€- e lonxe dos 1.311,4€, que é a pensión media no conxunto do Estado.

A pensión de viuvez, preto dos 800€

En total, 782.963 galegos percibiron algún destes tipos este mes. xubilación, incapacidade permanente, viuvez, orfandade e a favor de familiares 488.227 persoas cobraron unha pensión de xubilación en Galicia, cunha media de 1.289,60€. Pola súa banda, 81.332 galegos ingresaron de media 1.096,42 euros por pensión de incapacidade permanente; .outros 183.189 percibiron 796,35€ de media por viuvez e 23.294 mozos cobraron 524,26 euros por orfandade. 

No conxunto de España, a pensión media de xubilación, que perciben 6,5 millóns de persoas, situouse en maio en 1.505,5€ mensuais, un 4,4% máis que en maio de 2024.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.