Galicia

Quedan prohibidas as queimas agrícolas e forestais

Dende este martes, día 27

A Xunta vén de comunicar que desde este martes 27 de maio quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares. A Consellería do Medio Rural indica que «non se darán máis permisos e que os xa concedidos non terán validez a partir de mañá”.

Quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, porto que están planificadas e os efectivos que as levan cabo dispoñen dos medios de extinción precisos.


Tamén en vigoalminuto


Esta decisión foi tomada, precisa Medio Rural, logo avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os indicadores que inciden no risco de lume. Como o ano pasado, a Consellería pide a colaboración da cidadanía «para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento, dado que desde mañá e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal por parte dos particulares».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.