Comarcas

O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes

Monstera, a curtametraxe do vigués Diego R. Aballe, gañou o premio do voto do público

O Festival de Cans pecha unha edición histórica con preto de 13.000 asistentes

Festival de Cans clausurou esta fin de semana unha das edicións «máis memorables e emotivas» da súa historia, na que participaron preto de 13.000 persoas ao longo de cinco días intensos de cine, música, coloquios e emocións compartidas. 

A curtametraxe Monstera, do director vigués Diego R. Aballe, foi a gañadora do Premio do Público. A curta narra unha discusión de parella polo coidado dunha planta con finas doses de humor. Esta XXII edición será lembrada pola gran carga emotiva e pola enorme resposta do público, que esgotou as entradas para as proxeccións principais e para moitas das actividades paralelas desde máis dunha semana antes do comezo do festival.

Homenaxes

A edición queda no recordo pola súa profunda carga emocional con actos como a homenaxe a Reisiño, un veciño que sufriu a represión franquista na Illa de San Simón; a lembranza á señora Alicia, veciña e colaboradora histórica de Cans; e ao veciño Adriano Campos, un dos homes máis respetados da aldea e Chimpín de Prata este ano. Especialmente emotivo foi o coloquio con Alfonso Zarauza, Premio Pedigree de Honor, que coincidiu co falecemento de Piti Sanz, recoñecido músico e compositor na historia recente da música e do audiovisual galego e amigo persoal de Zarauza.

Outro dos momentos máis salientables desta edición foi o multitudinario coloquio co director Daniel Sanchez Arévalo e que encheu o Torreiro de Cans. O cineasta estivo arroupado por numerosos actores que forman parte de Rondallas, o seu próximo filme. En Cans estivo acompañado de María Vázquez, Carlos Blanco, Tamar Novas, Fer Fraga e Judith Fernández, ademáis de numerosas persoas de diferentes rondallas musicais. Sánchez Arévalo avanzou en exclusiva en Cans as primeiras imaxes do filme e tal foi a expectación que foi necesario facer dous pases consecutivos no Baixo de Carlos, completamente ateigado.

Pelís, música e coloquios

O público encheu os jalpóns e os diferentes espazos do festival, e mesmo tivo que quedar fóra nalgunhas estreas moi agardadas como Antes de Nós de Ángeles Huerta ou Crónicas dun Non de Fernando Rodríguez. Outros momentos inesquecibles foron o espectáculo de Mondra no Baixo de Bugarín musicando «Miss Ledya», ou os concertos de Susana Seivane e Lúa Mosquetera no Invernadoiro, con entradas esgotadas.

Os coloquios no Torreiro tamén se consolidaron como un dos grandes acertos desta edición, con charlas concorridas mesmo en días de semana e en horario de mañá, como os Coloquios AISGE, ou os encontros co equipo de Antes de Nós e cos cineastas convidados.


Ademais en vigoalminuto


Un festival diferente

A música volveu ser un piar fundamental do festival, o Espazo Estrella Galicia da Leira do Río congregou a máis de 1.500 persoas cada día. Por alí pasaron bandas como Biznaga, Santero y Los Muchachos ou Banda da Loba, mentres que no Torreiro, a actuación de Guadalupe Plata foi das máis celebradas. O venres, Caamaño Ameixeiras tamén fixo vibrar ao público no concerto de benvida a aldea.

O sábado, día grande do festival, preto da metade do público total congregouse nos camiños e espazos de Cans, gozando dunha «xornada festiva con moita presenza de público familiar ao longo de todo o día». A organización fai un balance moi positivo desta edición, que volveu demostrar a forza dun festival diferente, enraizado na veciñanza e cun compromiso firme coa creación audiovisual e coa cultura galega, ademáis do «comportamento exquisito do público que visita a aldea».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.