Dende a CUT Citroen, denuncian as declaracións realizadas dende a Dirección do Centro de Vigo de Stellantis nos medios de comunicación, deste venres pasado, las que apela á «flexibilidade» e á redución de custos.
Os responsables da CUT rexeitan este argumento e lembran que desde Stellantis aseguraba que os custos laborais e enerxéticos representabn o 70% do custe de produción. Porén, engaden dende o sindicato, en 2023, Stellantis España gastou 14.502.067.000€ en aprovisionamentos fronte a 620.713.000€ en persoal, o que equivale a só 633 euros por vehículo.
«Entre 2004 e 2020, a plantilla reduciuse de 9.115 a 6.998 traballadoras, mentres a produción creceu de 458.200 a 498.000 vehículos, elevando a produtividade por traballadora de 50 a 70 vehículos, demostrándose unha narrativa enganosa sobre custos laborais».
Falta de respecto para os traballadores
Para os representantes da CUT esas declaracións son «unha falta de respecto para as persoas traballadoras que ven un incremento incesante da flexibilidade das c súas condicións laborais e que xa nas ultimas semanas padeceron xornadas ampliadas e sábados obrigatorios de ata 9 horas, ademais coa extensión dunha hora adicional en certos días no Sistema 1 e a imposición da modificación dos descansos en ferraxe».
Dende a CUT entenden que estamos ante un «ataque directo ao benestar das traballadoras, limitando o seu dereito a un repouso adecuado, esencial para mitigar o desgaste físico e psiquico que padecemos».
Obxectivo: incremento de produción
A xuízo da central sindical, «isto non remata aquí», e desconfían de que a finalidade última é un incremento de produción nas vindeiras semanas, «que vai facer si cabe uns ritmos de traballo mais
extenuantes». Así, advirten de que unha liña máis rápida só agravará estas doenzas, sobrecargando aínda máis ás traballadoras e aumentando o risco de baixas laborais.
Así mesmo, cren que estas medidas, «xustificadas pola empresa como necesarias para manter
a competitividade, demostran continuar con unha postura inflexible, priorizando a produción sobre a saúde laboral, que reflicte unha estratexia de maximizar a produción a costa do benestar e saúde«.
Tamén en vigoalminuto
- Este jueves puedes comer pizza gratis en Vigo (y no es una broma)
- Vigo se dispara: el precio de la vivienda nueva roza ya los 1.900 euros por metro cuadrado
- Vigo Porté 2026 refuerza su liderazgo en la danza con 725 bailarines y formación en Broadway
- GKN Vigo planta cara ao ERE: folga en marcha e máis dun milleiro de persoas na rúa
- Lloverá todos los días de esta semana
- El presunto autor del crimen machista de Mos se quita la vida antes de ser detenido
«Criminalización dos traballadores»
Por último, os responsabeis da CUT engaden que «se a isto lle sumamos o que esta acontecer coa criminalización das traballadoras, coa persecución polas chamadas Andon (sistema de alertas para sinalar problemas ou dificultades na produción), ou incluso que as persoas traballadoras enfróntanse a restricións inaceptables, como a imposibilidade de beber auga durante o traballo, e das dificultades para acceder ao baño, especialmente en liñas de produción. Crean un ambiente laboral hostil, con prácticas que culpabilizan ás traballadoras por erros que a miúdo derivan de ritmos excesivos e falta de formación adecuada, en lugar de abordar as causas estruturais».






