Onte, antes da celebración do día do Orgullo Freak, o Galician Freaky Film Festival revelou diante do MARCO o esperado cartel da súa #9 edition. A ausencia do Dinoseto, o cal bendecía cada ano o cartel do certame, levou á organización a escoller un novo punto da cidade por un motivo moi especial.
Ao acto asistiru o doutor Frank ‘N’ Furter, o científico alieníxena protagonista do filme ao que o festival rendirá homenaxe, The Rocky Horror Picture Show.
Este filme de culto, estreado en 1975 e protagonizado por Tim Curry e una noviña Susan Sarandon é, probablemente un dos filmes que mellor representan o espírito do festival, según os seus organizadores. A proxección de The Rocky Horror Picture Show será o gran colofón da novena edición que se celebrará entre o 19 e o 27 de setembro no C.C. Plaza Elíptica.
O festival convida a todos os freaks da comunidade a que se deixen arrasar polo tsunami de luxuria, liberdade e glam rock co que esta película leva golpeando aos máis cinéfilos desde hai cincuenta anos. Unha auténtica experiencia de comunidade freak, que será unha sesión inolvidable para os máis fans do filme, e unha acto único para aqueles que se atrevan a ver por vez primeira este musical.
Así, o cartel, protagonizado polos emblemáticos beizos que dan comezo ao filme, volve a ser un traballo do ilustrador Paulo Mosca e a deseñadora María Llauger, quen levan desde a #0 edition sendo os responsables da imaxe gráfica do festival.
Tamén en vigoalminuto
- Aberto o prazo para participar nas novas Lanzadeiras de Emprego de Galicia
- La Asociación para a Defensa da Sanidade Pública llama a movilizarse contra las listas de espera
- O sindicato CUT denuncia como “engañosa” a apelación de Stellantis á flexibilidade e redución de custos
- Trece persoas desempregadas incorpóranse á plantilla municipal do Porriño
- Las voces y los bailarines del Programa Conexións inundarán Príncipe
- ANPA del Celso Emilio Ferreiro exige a Xunta y Concello que acaben con el deterioro del centro
Máis ‘Pequefreaks… e primeira Zombi Walk’
Entre as novidades para esta novena edición, a organización adiantou que, tras o rotundo éxito da pasada edición, e por petición popular, ampliarase as xornadas do seu festival paralelo, o Pequefreak, destinado ás familias e aos freaks máis pequenos da casa.
O Pequefreak terá lugar os días 20 e 21 de setembro no C.C. Plaza Elíptica, con actividades paralelas na sala Apo’strophe e proxeccións nos Cines Tamberlick. Ademais, este ano o festival dos pequefreaks contará por vez primeira cun xurado infantil ao que todos os nenos e nenas que teñan interese poderán inscribirse Entre os inscritos farase un sorteo para escoller aos pequefreaks que asumirán a nada doada tarefa de escoller a mellor curtametraxe da edición.
…e a primeira Zombi Walk’
Por outra banda, a elección de presentar o cartel da nova edición diante do MARCO non foi nada casual, pois tal e como revelou o equipo do festival, este será o punto de partida da primeira Galician Freaky Zombi Walk, un terrorífico e divertido encontro de mortos viventes que terá lugar durante a quincena do festival e co que a organización aspira a facer a maior concentración de zombis que vise a cidade de Vigo.
Para conseguir este logro, o GFFF convida a todos os cidadáns de entre 0 e 99 anos a que preparen as súas máis aterradoras maquillaxes e roupas para este divertido e peculiar encontro