Sin sección

‘Vermú de Barrio’, con San Rockers, este domingo na Ramallosa

Ás 12:30h.

O Concello de Nigrán continúa este domingo 25 de maio coa proposta cultural ‘Vermú de barrio’ co grupo San Rockers como protagonistas da sesión musical ás 12:30 horas na Ramallosa, na rúa Damas Apostólicas. Esta iniciativa cultural conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do ‘Plan + Provincia’. O Concello ampliará a proposta ao domingo 1 de xuño con ‘Cubo Metálico’ na Praza da Biblioteca.

San Rockers

San Rockers é un grupo de catro músicos nacido na parroquia de Camos hai xa case 10 anos que conta con temas propios e versións de pop e rock moi singulares, neste apartado poden aparecer animadas cancións case irrecoñecibles de Raphael ou Hombres G que fan levantar ao público.

Pola súa banda, Cubo Metálico é un grupo que fusiona o hip-hop, funk e rock no que denominan powerfunk.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.