Comarcas

Cifra ‘récord’ de visitantes estranxeiros ás Rías Baixas en abril

Representan xa o 44% do total

A provincia de Pontevedra segue a manter un ritmo de crecemento constante en canto ao turismo estranxeiro, desde que comezou o ano. Neste caso, a Deputación confirma «cifras de récord» en canto aos visitantes internacionais que percorreron a provincia en abril, que representan xa o 44% do total de turistas que visitan Rías Baixas e supón un incremento do 28% con respecto ao mesmo mes do 2024.

“Sen dúbida algunha, estes datos revalidan que o obxectivo de internacionalización que nos marcamos na nosa estratexia de turismo e a promoción do destino que temos realizado en Londres ou, entre outras cidades, Berlín vai, pouco a pouco, dando os seus froitos”, subliñou o presidente da Deputación Luis López.

Datos do INE

Segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), a provincia rexistrou en abril un 15% máis de viaxeiros que con respecto ao mesmo mes do 2024 representando estes, ademais, o 32% dos que visitan Galicia. En liñas xerais, fronte ao 44% de turistas estranxeiros, o 56% das persoas que se achegan ata Rías Baixas son españois, o que supón un incremento do 9,5% con respecto aos visitantes nacionais que o fixeron o pasado ano.

Tamén medrou a porcentaxe de ocupación hoteleira, que se mantivo ao longo do mes de abril no 40% o que supón un 7% máis que o rexistrado no mesmo mes do 2024. Ademais, a ocupación media de abril do 2025 foi superior á media en localidades como Pontevedra ou Sanxenxo.

Maio

No que respecta a este mes de maio, e a falta dos datos do INE que se pecharán a finais de xuño, a oficina de turismo do Palacete das Mendoza recibiu a un total de 10.200 visitantes. Neste caso, detéctase novamente un incremento do turismo estranxeiro –Alemaña, Estados Unidos e Reino Unido-, representando xa o 50% dos rexistrados na oficina, a mesma porcentaxe que os españois –Madrid e
Barcelona,
principalmente-.


Tamén en vigoalminuto


Castelos de Soutomaior e Sobroso

Ademais, en maio os castelos de Soutomaior e Sobroso, “bastións do turismo na provincia de Pontevedra”, tal e como remarcou o presidente Luis López, sumaron un total de 3.000 visitantes: 2.000 o de Soutomaior e 1.000 o de Sobroso.

E percorreron as diferentes vías que atravesan a provincia cara Compostela preto de 23.000 peregrinos, sendo a máis transitada o Camiño Portugués (10.920), seguido do Camiño Portugués pola Costa (10.235), a Vía da Prata (1.090) e o Camiño de Inverno (362).

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.