Galicia

O BNG propón que o Concello de Vigo condene o xenocidio en Gaza

E declare persona non grata a Netanyahu, reclamado pola Corte Penal Internacional

O BNG propón que o Concello de Vigo condene o xenocidio en Gaza

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) vén de trasladar unha moción ao vindeiro Pleno do Concello de Vigo coa que pide condenar as “accións xenocidas” do Estado de Israel na faixa de Gaza e esixe medidas concretas ante o masacre e catástrofe humanitaria que padece o pobo palestino.

Así, o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, defendeu este mércores esta iniciativa coa que a fronte nacionalista quere trasladar o “clamor” da cidadanía viguesa en contra da “ofensiva militar israelí”. A moción do Bloque busca que o Pleno de Vigo, en nome da cidade, condene “sen ambaxes” o xenocidio que está a perpetrar Israel e declare a Benjamin Netanyahu-que ten unha orde de detención da Corte Penal Internacional por crimes de guerra e lesa humanidade- e o seu goberno persoas non gratas pola súa responsabilidade.


Tamén en vigoalminuto


Embargo total de armas

Entre as medidas recollidas na iniciativa, o BNG insta ao Goberno español a facer efectivo o embargo total de armas, acordado no Congreso, así como a ruptura de relacións comerciais e diplomáticas con Israel. Aliás, chama a apoiar as accións da Corte Internacional de Xustiza para que sexan xulgados os responsábeis de crimes de guerra e lesa humanidade, e como promover accións a nivel europeo e internacional para poñer fin ao xenocidio en curso e ocupación da Palestina.

El fiscal de la Corte Penal Internacional pide el arresto de los terroristas de Hamas y de Netanyahu
El fiscal de la Corte Penal Internacional pide el arresto de los terroristas de Hamas y de Netanyahu

Por outro lado, o BNG demanda aos Gobernos galego e municipal que suspendan toda cooperación con Israel, directa ou indirecta, e tamén calquera contrato público con empresas ligadas á industria militar israelí. O Bloque reclama ademais o envío de axuda humanitaria por parte de ambas administracións, e accións de condena do xenocidio a través da Acción Exterior da Xunta.

Por un cesar-o-fogo inmediato e definitivo

“O BNG facemos un chamamento con esta moción a todas as institucións para actuar con firmeza e lograr un cesar-o-fogo inmediato e definitivo e a apertura de corredores humanitarios, como primeiros pasos para poñer fin a tanto sufrimento inxusto”, defendeu o portavoz municipal do BNG, lembrando que xa son máis de 52.000 as persoas mortas na Palestina (15.000 delas crianzas), con 117.000 feridas e case 2 millóns de desprazadas, o equivalente ao 90% da poboación de Gaza.

“Bloqueo criminal”

A iniciativa nacionalista denuncia tamén o “bloqueo criminal” imposto por Israel, que impide a entrada de axuda humanitaria, utilizando a fame como arma de guerra e con millares de crianzas en risco de morte por desnutrición. Do mesmo xeito, condena as condicións infrahumanas na faixa de Gaza a causa dos bombardeos indiscriminados contra civís, hospitais, escolas e campos de refuxiados, xunto á destrución masiva de vivendas e infraestruturas, que xeraron 50 millóns de toneladas de entullos.

Actos que constitúen crimes contra a humanidade, como evidencian informes da ONU e da Corte Penal Internacional, e que se enmarcan nun contexto de 77 anos de ocupación e apartheid contra o pobo palestino. “É hora de que a denominada Comunidade Internacional actúe para poñer fin ao masacre contra o pobo palestino e faga cumprir a Israel coas distintas resolucións sobre os territorios ocupados que incumpre de xeito sistemático, sen ningunha consecuencia, e garantir o dereito do pobo palestino a dispor do seu propio Estado libre e soberano”, remacha Igrexas.

Te podría interesar