Deportes

O Porriño, escenario do Campionato Galego 3×3 U17, este domingo

En categoría feminina e masculina

O Porriño, escenario do Campionato Galego 3x3 U17, este domingo

Este domingo, o Pavillón Municipal do Porriño será a cancha na que se dispute o ‘Campionato Galego 3×3 U17’. A cita, organizada pola Federación Galega de Baloncesto (FGB) e o Porriño Baloncesto Base (PBB), co apoio do Concello, reunirá aos mellores clubs galegos das categorías masculina e feminina nun evento que se consolida como referente galego desta modalidade en auxe.

18 equipos e 72 xogadores e xogadoras

O campionato contará coa participación de 18 equipos (12 masculinos e 6 femininos) e 72 xogadores e xogadoras, representando aos clubs máis destacados do baloncesto galego. A actividade desenvolverase desde as 10:20h ata as 19:00h, incluíndo a disputa das finais ás 18:15h (feminina) e 18:30h (masculina). Ao remate, terá lugar a entrega de trofeos coa presenza das autoridades locais e federativas.

Os dous finalistas de cada categoría obterán praza directa para o Campionato de España 3×3 U17, que se celebrará en Cuenca do 13 ao 15 de xuño, representando a Galicia no escenario nacional.


Tamén en vigoalminuto


Para o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo “é un orgullo ser sede deste campionato galego. Supón un recoñecemento ao traballo que se vén facendo desde hai anos no deporte base, e moi especialmente no baloncesto. Estamos ante unha auténtica festa do deporte galego, que converterá ao noso concello no epicentro do baloncesto 3×3 durante toda a xornada dominical.”

Aberto o prazo de inscricións para a décima edición do Triatlón Concello do Porriño-Tui

O deporte ‘non stop’ no Porriño que abre a inscrición para a 10ª edición do Tríatlon Concello do Porriño – Tui, unha das probas máis destacadas do calendario galego. A cita terá lugar o domingo 15 de xuño e forma parte do Circuíto Galego de Tríatlon, estando tamén aberta á participación popular, o que permitirá a triatletas federados e non federados desfrutar dunha xornada de deporte e convivencia nun entorno único.

Así, o prazo de inscricións estará aberto ata  o luns 10 de xuño ás 23.59 horas, ou antes se se completan as 350 prazas dispoñibles. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da plataforma RockTheSport, accesible desde a páxina web oficial do evento ou desde a web da Federación Galega de Tríatlon.

A proba

Consta dun segmento de natación de 750 metros no río Miño, cun único percorrido, seguido dun tramo en bicicleta de 20,2 quilómetros que discorrerá entre Tui e O Porriño, e finalmente unha carreira a pé de 5 quilómetros, dividida en dúas voltas, que culminará na Praza Antonio Palacios do Porriño. A transición entre a natación e a bicicleta realizarase na Comandancia Naval do Miño, en Tui, e a segunda transición terá lugar na Avenida Domingo Bueno, xa no Porriño.

As tarifas de inscrición varían en función da licenza federativa. Os triatletas federados deberán abonar unha cota de 15 euros. No caso de participantes con licenza de un día, o custo será de 35 euros para maiores e 21 euros para xuvenís. Todos os participantes que completen a proba recibirán un agasallo conmemorativo.

Te podría interesar