Este venres, ás 19:00 h, na Fnac de Vigo -CC Vialia- a escritora Arantza Portabales fala de «Asasinato na casa rosa». Tras a espectacular acollida das súas anteriores novelas negras, Portabales inicia unha nova serie, ‘Os crimes de Loeiro’, protagonizada por Santaclara & Araújo.
A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que a inspectora investigue os feitos, trasladándose á súa mansión en Loeiro, a Casa Rosa, onde vive coa súa familia, porque sospeita que o responsable é alguén do clan familiar.
Ao pouco de iniciar as pescudas, a inspectora bate cunha nova morte e, ante esta inesperada circunstancia e o complexo da investigación, procura a axuda do seu antigo xefe, o comisario xubilado César Araújo. E así os dous tentarán desvelar a rede de misterios, mentiras e intrigas que envolven a familia Villamor.
Tamén en vigoalminuto
- El papa León XIV visitará España en junio: ¿pasará también por O Porriño?
- Yolanda Díaz anuncia que no será candidata en las elecciones generales de 2027
- Luisa Sánchez desafía al Gobierno local y propone soluciones para vivienda, barrios e infraestructuras
- O Porriño lanza Petra Rosa Festival en sus canteras, con Pablo López, Orozco y Sergio Dalma
- La Ría de Vigo intenta recuperar la volandeira vetada por contaminación de plomo
- La duna de A Calzoa sigue sin protección, 20 días después del derrumbe
Arantza Portabales
Arantza Portabales (San Sebastián, 1973) iníciase como escritora no ano 2015 cun libro de microrrelatos en castelán, «A Celeste la compré en un rastrillo». Ese mesmo ano, coa súa primeira obra en galego, «Sobrevivindo» (Galaxia), acada o Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia.
A súa segunda novela, «Deixe a súa mensaxe despois do sinal» (Galaxia, 2017), foi traducida para o castelán, o italiano, o hebreo e o alemán, adaptada ao teatro e obtivo o Premio Novela Europea do Casino de Santiago. «Beleza vermella» (Galaxia, 2019), un dos títulos máis lidos da novela policial galega, acadou o Premio Frei Martín Sarmiento e está protagonizada polo inspector Abad e a subinspectora Barroso, que en 2021 volven ser os personaxes centrais de «A vida secreta de Úrsula Bas». En 2023, publicou «O home que matou a Antía Morgade».






