O curso escolar 2025/26 comezará o 8 de setembro e concluirá o 19 de xuño para todas as etapas educativas, segundo o calendario publicado no Diario Oficial de Galicia. A única excepción son os segundos cursos dos ciclos formativos de grao Básico, Medio e Superior de FP, que rematarán as clases o 15 de xuño. Pola súa banda, os estudantes de 2º de Bacharelato rematarán o curso nas datas previstas para as probas de acceso á universidade (PAU).
Así mesmo, o curso 2025/2026, celebraranse as probas de avaliación de diagnóstico para 4º de primaria (do 20 ao 24 de abril) e para 2º da ESO (entre o 13 e o 17 de abril).
Tamén en vigoalminuto
- Tras o Mundial chegan as Olimpíadas… ao Porriño: Porrigalia xa está lista
- El Vigo Arena se construirá en Teis: un recinto para 16.000 personas transformará Guixar
- El nuevo ascensor de Juan Ramón Jiménez abrirá en los próximos días, tras superar las últimas pruebas
- Vigo reconocerá al jugador del Celta Borja Iglesias, el primer gallego campeón del mundo
- Trágico desenlace en el Miño: hallan el cuerpo del joven desaparecido, tras ser arrastrado por la corriente
- La sanidad afronta otro verano con menos enfermeras y más presión asistencial
Vacacións
Polo que se refire ás vacacións serán:
- Nadal do 22 de decembro e o 7 de xaneiro (inclusive)
- Entroido, entre o 16 e o 18 de febreiro
- Semana Santa, desde o 30 de marzo ata o 6 de abril (inclusive)
- Tampouco serán lectivos as festas de ámbito estatal; os festivos oficiais de Galicia; o Día da Educación, 31 de outubro (venres); e o 3 de novembro (luns).






