Este xoves 15 de maio ás 19:00 horas, o Auditorio do Concello de Vigo acollerá o espectáculo «O circo das almas perdidas«, unha proposta escénica creada por alumnado de 1º curso da especialidade de Interpretación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia (ESADG), baixo a coordinación do profesor Ricardo Solveira.
A obra, desenvolvida nas materias de Movemento expresivo, mergúllase no universo suxestivo e simbólico do circo tradicional para reconvertelo nunha viaxe pola memoria dun circo irreal, quizais só existente na imaxinación das intérpretes. A través do traballo de 28 alumnas e alumnos, o espectáculo xoga cos arquetipos clásicos da pista -pallasos, malabaristas, animais imaxinarios- para transitar do romanticismo inicial cara a unha estética de desacougo e feísmo, creando unha atmosfera tan poética como perturbadora.
Tamén en vigoalminuto
- El papa León XIV visitará España en junio: ¿pasará también por O Porriño?
- Yolanda Díaz anuncia que no será candidata en las elecciones generales de 2027
- Luisa Sánchez desafía al Gobierno local y propone soluciones para vivienda, barrios e infraestructuras
- O Porriño lanza Petra Rosa Festival en sus canteras, con Pablo López, Orozco y Sergio Dalma
- La Ría de Vigo intenta recuperar la volandeira vetada por contaminación de plomo
- La duna de A Calzoa sigue sin protección, 20 días después del derrumbe
O repertorio escénico inclúe referencias de creadores como Pepe Viyuela, Juan Tamariz, Julio Ramón Ribeyro e Ramón Gómez de la Serna, mesturando palabra, movemento e unha banda sonora ecléctiva que non só acompaña, senón que tamén conduce as escenas. A través dos números recreados por esta trouppe de almas perdidas, o espectáculo mergúllase un xogo de nostalxia e escuridade, desvelando a transformación dos arquetipos do circo e descubrindo a sombra que se agocha baixo o seu brillo engaiolador.
«O circo das almas perdidas» non é só un espectáculo, senón unha porta aberta ao talento dunha nova xeración de intérpretes que, nos vindeiros anos, nutrirá a fecunda escena profesional galega.






