Comarcas

A Deputación aproba 1,2 millóns para cofinanciar os servizos sociais municipais na contorna de Vigo e o sur da provincia

En 21 concellos de menos de 20.000 habitantes

A Deputación aproba 1,2 millóns para cofinanciar os servizos sociais municipais na contorna de Vigo e o sur da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar achegas por valor de 1,2 millóns de euros do Plan de Cofinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais para 21 concellos de menos de 20.000 habitantes da contorna de Vigo e do sur da provincia.

Servizo de Axuda no Fogar (SAF)

Trátase de 450.000€ para sufragar a prestación directa do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e outros 740.000€ para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios. En concreto, dos 450.000€ para sufragar o SAF, un servizo que atende a persoas maiores e con discapacidade, especialmente cando carecen de apoio persoal no seu medio inmediato.

  • A Cañiza recibe 23.383€
  • A Guarda 32.824€
  • Arbo 2.930€
  • As Neves 23.212€
  • Baiona 24.572€
  • Covelo 11.223€
  • Crecente 22.383€
  • Fornelos de Montes 12.875€
  • Gondomar 29.840€
  • Mondariz 25.988€
  • Mondariz-Balneario 3.086€
  • Mos 35.760€
  • Nigrán 36.010€
  • O Rosal 20.341€
  • Oia 12.020€
  • Pazos de Borbén 10.573€
  • Salceda de Caselas 21.141€
  • Salvaterra de Miño 20.096€
  • Soutomaior 17.102€
  • Tomiño 32.000€
  • Tui 34.796€


Servizos Sociais Comunitarios

Os 740.000€ para Servizos Sociais Comunitarios divídense en:

  • A Cañiza 41.757€ ç
  • A Guarda, 41.757€
  • Arbo 20.879€
  • As Neves 20.879€ para As Neves, 41.757 € para
    Baiona 41.757€
  • Covelo, 30.632€
  • Crecente 10.439€
  • Fornelos de Montes 9.753€
  • Gondomar 41.757€
  • Mondariz 44.162€ para
    Mondariz-Balneario 20.879€
  • Mos 66.413€
  • Nigrán 66.413€
  • O Rosal 20.879€
  • Oia 11.126€
  • Pazos de Borbén 20.879€
  • Salceda de Caselas 56.490€
  • Salvaterra 44.162€
  • Soutomaior 20.879€
  • Tomiño 41.757€
  • Tui 66.413€

No conxunto da provincia, a institución provincial aprobou un total de 3 millóns de euros para axudar aos concellos a sufragar ambos servizos, unha cifra que se reparte entre 1,2 millóns para o servizo de Axuda no Fogar e outros 1,8 millóns para cubrir os custos do persoal dos Servizos Sociais Comunitarios.

Te podría interesar