O equipo de goberno de Salceda de Caselas, coa alcaldesa Loli Castiñeira ao fronte, vén de facer pública a concesión da subvención por parte da Xunta de Galicia por un importe de 196.589,04€ dividida en dúas anualidades, que vai permitir acometer a última fase de reforma da Praza de Abastos, con un investimento total de 245.736,30€. A subvención sufragará tamén a elaboración dun estudo de diagnose da situación da praza de abastos que permitirá establecer as pautas a seguir na procura de obter o selo de mercado excelente.
Renovación do pavimento e instalación dun ascensor
As obras a acometer consistirán fundamentalmente na renovación do pavimento interior da praza, cambiando o terrazo existente por un pavimento industrial con morteiro autonivelante antideslizante que eliminará as filtracións de auga cara a zona inferior que existen na actualidade, mellorando deste xeito a estanqueidade e salubridade do espazo.
Por outra banda, instalarase un ascensor montacargas na parte posterior do edificio, conectando a zona de mercado coa zona de aparcadoiro existente na parte traseira. Tamén o acceso de mercadorías pesadas se pasará a realizar por este montacargas, facilitando o servizo ás empresas provedoras, eliminando a carga descarga que ata o de agora se vén facendo pola porta principal do mercado, o que converterá a praza frontal nun espazo libre de vehículos e seguro para as persoas.
Eixo do comercio de proximidade
Loli Castiñeira indicou que dende o Concello búscase aproveitar a situación estratéxica do mercado e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego de calidade, vinculándoos ao contorno en que se integran, ao produto local e a valores como a sustentabilidade, a protección do ambiente, a calidade, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade. “A nosa é unha praza que xera dinamismo no noso rural, crea emprego e ofrece uns servizos de calidade para a veciñanza; este é o modelo da Praza de Abastos de Salceda”.
Tamén en vigoalminuto
- El BNG vuelve a exigir que se paralice la torre de control remota de PeinadorY acusa a Aena de “poñer en risco a seguridade”
- La Diputación pide al alcalde que le envíe el proyecto de Balaídos para garantizar el Mundial 2030La vicepresidenta reclama documentación para reformar la Tribuna
- Arrestados tras llevarse objetos por valor de 588€, en un establecimiento del centroLa Policía Local los interceptó tras seguirlos por Urzaiz y Vialia
- La Xunta crea un fondo turístico para los tres aeropuertos: el dinero irá a promoción, no a aerolíneasSe repartirá por igual entre A Coruña, Santiago y Vigo
- Viajes a Cíes y Ons en Semana Santa, con salidas desde seis puertosY excursiones guiadas a Tambo y San Simón
- Caballero asegura que Louzán teme una visita de la FIFA a BalaídosPor si descubre cómo se apartó a Vigo de la candidatura
Castiñeira lembra que a Praza de Abastos sirve na actualidade como eixo vertebrador e central do comercio de proximidade de Salceda. Nos últimos anos, realizáronse importantes investimentos no mercado, tanto nos postos fixos como nas zonas comúns, co obxectivo de mellorar varios aspectos da instalación, completándose a reforma integral coas actuacións que agora se van desenvolver.






