Máis de 300 escolares participaron este luns en Gondomar na ‘X Xornada de Xogos Populares do Val Miñor’, unha cita consolidada no calendario educativo e cultural da comarca. O evento celebrouse no Campo de As Cercas e contou coa presenza do alcalde, Paco Ferreira, quen subliñou a importancia de iniciativas como esta para “preservar as nosas tradicións e fomentar valores como a cooperación, a convivencia e o respecto entre os máis novos”.
Durante a súa visita, o rexedor compartiu momentos co alumnado participante, profesorado e persoal organizador, reiterando o «firme apoio do Concello de Gondomar á promoción de actividades que unen educación, cultura e participación cidadá».
Tamén en vigoalminuto
- Muere un surfista en la playa de Porto Senín, en OiaOtros surfistas lo sacaron del agua, pero no fue posible reanimarlo
- Hallan a una mujer fallecida en una piscina de CatoiraEl cuerpo fue localizado flotando en la zona de Abalo. Se investigan las causas de la muerte
- División en el PSOE de Pontevedra por el Plan Extra de la Diputación: 3 cargos socialistas apoyan la inversión y 6 se abstienenEl alcalde de Gondomar, la alcaldesa de Redondela y el portavoz de Baiona lo respaldan
- Vigo aumenta las becas de comedor de 45 a 70€ al mes, por alumnoEl Concello garantiza beca a todas las familias que cumplan los requisitos y aprueba también ayudas para libros de infantil
- Detenidas seis personas en Vigo por tres robos con fuerza en una obra, un restaurante y un centro de estéticaActuaciones en Aragón, Bouzas y O Calvario evidencian la eficacia policial frente a robos recientes
- Vigo lidera el tráfico de vehículos en España y refuerza su papel como puerto refugio del AtlánticoEl Puerto crece en mercancías y consolida la automoción como sector clave
«Ponte entre xeracións»
Segundo engadiu Paco Ferreira, «o futuro constrúese desde as raíces, e os xogos populares son unha ponte entre xeracións que debemos coidar e impulsar”. Deste xeiro, reiterou o compromiso do Goberno local con propostas que «revalorizan o patrimonio inmaterial e fortalecen a identidade comunitaria».
Precisamente, este papel do Concello é clave para garantir a aposta pola vida social e educativa do Val Miñor e o esforzo porque a tradición siga viva entre a mocidade.






