Milleiros de persoas saíron á rúa en Vigo para celebrar este 1º de Maio, aproveitando un día soleado, que deixou quedar mal ás previsións meteorolóxicos e permitiu participar con comodidade nas distinta manifestacións.

A primeira delas, a da CUT, partiu ás 11 da mañá da Praza de Fernando Católico baixo o lema “Traballo digno. Non á guerra imperialista da UE e a OTAN”, atendendo ao chamamento de que os e as traballadoras rexietasen as «escalada bélica» proposta pola OTAN e os Estados Unidos como resposta «ás ansias do capital de seguir acumulando riquezas».
Tamén en vigoalminuto
- La Diputación impulsará junto con la Asociación del Casco Vello la candidatura de la Reconquista a fiesta de interés internacional
- O PSdeG acusa a Rueda de ir ao Debate do Estado de Galicia, sen propostas e rexeitando a condonación de 4.000 millóns de débeda
- “Nos haceMOS a la mar”: Nidia Arévalo propone a sus vecinos un crucero por el Mediterráneo
- La Fiscalía recurre el primer permiso penitenciario a Alfonso Basterra, por falta de motivación
- Las petroleras disparan sus beneficios: 81,4 millones extra al día tras el inicio de la guerra en Irán
- Primavera en casa: el arte de empezar de cero sin volverte loco
Os responsábeis da CUT advertiron de que este chamamento á guerra «nada ten que ver con supostos valores democráticos ou a conquista de dereitos e liberdades, senon todo o contrario”. Por contra, os manifestantes esixiron traballo digno, servizos públicos dignos, dereito á vivenda, liberdade, xustiza e democracia e reivindicaron a paz, o fin do xenocidio en Gaza e o remate da ocupación rusa de Ucraína.

UGT e Comisións Obreiras
Pola súa banda, UGT y Comisións Obreiras (CCOO) acordaron, un ano máis, ir conxuntamente, comezando en Vía Norte ás 11:30h., onde o novo secretario xeral da UXT en Galicia, Cristóbal Medeiros, lembrou os novos retos que teñen os traballadores e traballadoras, asegurou que é necesario reducir a xornada laboral ata as 37,5 horas, «non vivimos só para traballar», salientaron, e amosaron a necesidade urxente de acabar coa sinistralidade e endurecer o despedimento.

Medeiros -quen estivo acompañado do secretario xeral do PSdG-PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, e o alcale de Vigo, Abel Caballero – esixiu aos poderes e responsábeis públicos que garantan o dereito a unha vivenda digna.

CIG
A manifestación convocada pola CIG partiu ás 12:00 horas dende A Doblada baixo o lema “Traballo, dereitos e soberanía. Galiza contra as guerras”. Alí o secretario xeral da central sindical, Paulo Carril, lembrou que as políticas da Xunta “provocan pobreza e desigualdade, desmantelando servizos públicos e pensións e agravando a desertización industrial e social de comarcas enteiras”.
Carril acusou ao Goberno español de estar «entregado á obediencia a Estados Unidos» e salientou que o PP en Galicia «está a practicar unhas políticas suicidas mediante a mercantilización dos servizos públicos«, poñéndoos «ao servizo dos fondos de investimento», e non para xerar riqueza, emprego ou benestar, «senón para satisfacer os balances económicos de quen pretende vir a Galicia expoliar os nosos recursos».

Na mesma liña, o deputado nacionalista Néstor Rego defendeu a necesidade de reclamar «emprego digno, dereitos e paz», fronte á escalada belicista, o aumento do gasto militar en detrimento das políticas sociais e a falta de avances claros en dereitos sociais e laborais.
Rego, acompañado do portavoz municipal do BNG, Xabier P. Igrexas, lembrou que ten rexistrado unha Proposición de Lei no Congreso para reducir a xornada laboral a 35 horas semanais, na liña do que xa está en vigor en países como Francia ou Alemaña. Así mesmo apuntou que «vivimos un momento de fonda crise sistémica, onde o capital intensifica a súa ofensiva contra os dereitos sociais e laborais das maiorías sociais, ao tempo que aposta por unha perigosa escalada militarista», á custa de recortar políticas sociais e servizos públicos como a sanidade, educación, pensións ou a creación de emprego.
“Rueda cacique, Galiza vai a pique”
Quen, aínda que hoxe estaba en Vigo, non chegou a escoitar os berros de ‘Rueda cacique, Galiza vai a pique!’, foi o presidente da Xunta. Alfonso Rueda aproveitou o día para facer deporte e, como apuntou nas redes sociais, «estrear o paseo de Beiramar como merece».
Rueda refírese ao treito que vai da rúa Coruña ata Bouzas e que completa un percorrido de 6 quilómetros, que comeza na zona de Areal e que pode facerse camiñando, en bicicleta ou correr, como fixo o xefe do executivo galego.







