O Tribunal Supremo confirmou a condena imposta pola Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS), por vulnerar dereitos laborais de médicos de Atención Primaria e pediatras.
Exactamente o alto tribunal desestimou os recursos de casación interpostos contra a sentenza da Sala do Social do Tribunal Superior de Galicia de novembro de 2022 que, como informó daquela vigoalminuto, resolvía a demanda presentada este verán polo sindicato de médicos O’Mega denunciando que o SERGAS imcumpría a normativa da propia Xunta, facendo que pediatras e médicos de Atención Primaria tivesen que atender, diariamente, a 70 enfermos, o dobre do establecido pola normativa autonómica.
A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza estimaba-literalmente- que o SERGAS “incumpre coas súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais, de valoración da carga de traballo do colectivo médico e de avaliación dos riscos do seu posto de traballo”. En base a esta consideración, condenou a este organismo e á Xunta de Galicia a “afectar de forma inmediata a preceptiva avaliación de riscos laborais, incluíndo específica e concretamente a valoración psicosocial dos postos de traballo dos médicos de Atención Primaria e dos pediatras”.
Outras novas
- La Diputación defiende su compromiso con el Mundial 2030 y reclama una hoja de ruta para BalaídosLuis Sánchez asegura que Caballero miente y recuerda que el gobierno provincial aprobó financiar las actuaciones vinculadas a la candidatura
- Balaídos empieza a cambiar su perímetro: arrancan las obras previas a la ampliación de TribunaEl retranqueo de los colectores permitirá extender la grada hasta el entorno de la estatua de Manuel de Castro, ‘Handicap’
- 185 escolares do Porriño descobren o surf na praia de Patos coa ‘Operación Ola’E combinan deporte, educación ambiental e convivencia
- La escalada de los alquileres lleva a la calle la protesta por la vivienda en VigoLa plataforma Alianza pola Vivenda convoca una manifestación este viernes (20:00h.) para reclamar medidas urgentes
- Descubren por primera vez en Galicia un extraño animal marino que se consideraba propio del MediterráneoSe trata de ejemplar vivo de gorgoncéfalo, cuya presencia podría estar relacionada con cambios oceanográficos y climáticos
- En busca e captura o home que lle cortou a orella a outro cun fouciño, en FeneO sospeitoso, que supostamente ameazara antes a peóns e condutores en Sillobre, segue sen ser localizado
Incumprimeto «xeneralizado» da normativa preventiva
Aínda maís, o TSXG reflictía na súa sentenza un informe da Inspección de Traballo no que “se constata un incumprimento xeneralizado da normativa preventiva vixente en relación coa realización das avaliacións dos riscos psicosociais” pola elevada carga de traballo que teñen que soportar os facultativos.
Por último, a sentenza- que xa é firme- subliñaba que os feitos estaban determinados pola pandemia e o risco que a mesmaimplicaba para os traballadores.






