O grupo municipal do PP de Redondela vén de ofrecer o seu voto favorable aos Orzamentos Municipais 2025, que se debaterán e votarán no pleno deste xoves, se a alcaldesa Digna Rivas presenta a súa dimisión antes da sesión da corporación e posteriormente se produce a renuncia de todo o Goberno local para a celebración dun posterior pleno de investidura.
“A alcaldesa chamou á responsabilidade para aprobar as contas e nós collemos o testemuño aínda que ese proxecto económico é moi diferente ao que faríamos nós, xa que cremos que Redondela precisa doutros orzamentos. Pero estamos dispostos a facer ese esforzo, pero a cambio tamén apelamos á responsabilidade dun executivo municipal que non funciona para que a corporación teña a oportunidade de elixir a un goberno máis forte e menos errático para rematar os dous anos de mandato”, ofertou o voceiro municipal, Javier Bas.
Sen o apoio do BNG
“Cremos que os orzamentos presentados son malos é que só serven para actualizar as cifras, pero tamén cremos que o bipartito é malo. Entón, estamos dispostos a aceptar esas contas se, a cambio, o pleno ten a oportunidade de cambiar a un goberno malo”, engadiu o concelleiro popular.
No mesmo sentido, o martes o voceiro municipal do BNG, Xoán Carlos González, adiantou que os concelleiros e concelleira nacionalista non respaldarían as contas para o ano 2025 presentadas polo goberno do PSOE e de AER. “Trátase dunha proposta enganosa que non atende ás necesidades e demandas reais da veciñanza redondelá”, subliñaba González.
Así mesmo, «na pormenorizada análise» que realizou a organización nacionalista do documento constataron que “se trata duns orzamentos moi distantes da realidade na que viven os veciños e veciñas de Redondela”. Dende o Bloque entenden que estes orzamentos consolidan o interese “privatizador” do bipartito PSOE e AER. Ademáis de aboar a concesionarias como piscinas, recollida do lixo, auga e saneamento, ou Servizo de Axuda no Fogar “páganse ata 800.000€ en novas privatizacións a empresas de limpeza de camiños e praias e vixianza dos areais do concello”.
«Moi útil»
Nesta liña, Javier Bas considera que celebrar un novo pleno de investidura sería “moi útil”, posto que serviría para saber cal é a posición do BNG, “xa que quere semellar que fai de oposición con fortes críticas ao goberno municipal, pero na realidade, mentres non se demostre o contrario, sempre o acaba apoiando, polo que, un novo pleno de investidura fixaría a súa postura real e os veciños deixarían de sufrir a súa incertidume e os seus xogos de trileiros”.
Outras novas
- ¿Qué hacer este fin de semana en Vigo?Deporte, playa, teatro, música, magia, hasta gastronomía
- Detenida una mujer armada, tras intentar atracar un local en la Gran VíaAunque llevaba un revólver y un cuchillo, fue reducida por clientes y trabajadores antes de la llegada policial
- Cíes llena por primera vez, esta temporadaMás de 6.000 reservas confirman el tirón turístico del archipiélago en Semana Santa, con alta demanda también en la isla de Ons
- Conflicto por el aeropuerto de Vigo: Caballero acusa a la Xunta mientras se negocian nuevas rutas aéreasEl alcalde exige apoyo apoyo económico para nuevas conexiones, frente al plan del Gobierno gallego de impulsarlas sin ayudas directas
- ¿Hay proyecto o no hay proyecto para ampliar la grada de Tribuna y optar al Mundial 2030?Esto es lo que ha declarado el alcalde de Vigo, Abel Caballero
- La UE pide reducir la velocidad y teletrabajar para ahorrar combustible, tras el bombardeo a IránAlerta de una subida del 70% en el gas y del 60% en el petróleo en solo un mes
Unión das forzas de esquerda
Ademais, para o PP redondelán a dimisión da alcaldesa e do Goberno local “non tería porque poñer en perigo un goberno das forzas de esquerdas se realmente están unidos e o Bloque volve darlles o seu voto, co cal se acabarían todas estas leas e poderían centrarse nos veciños”.
En caso contrario, engade o voceiro popular, «se non hai acordo entre eles, habería un goberno do PP moito máis forte que o actual, xa que tería dez votos fronte aos oito do actual bipartito”, apostillou o voceiro popular, que cre que a Digna Rivas e ao PSOE “convenlles esta oferta, posto que aprobarían os orzamentos e deixarían de sufrir as ameazas e chantaxes do BNG”.
Que Digna Rivas deixe a Alcaldía
Finalmente, o ex alcalde -gañador das últimas catro Eleccións Municipais en Redondela -deixou claro que o obxectivo último e irrenunciable do PP é que Digna Rivas deixe de ser alcaldesa, “xa que é a única responsable da pésima xestión económica, da nula atención veciñal e da falta de proxectos, investimentos e equipamentos” para o cuarto concello da provincia.
Por iso, os populares non aceptarán, «en ningún caso», a proposta dunha cuestión de confianza, “xa que é unha ferramenta que empregan os matrimonios mal avenidos de PSOE e BNG para aprobar uns orzamentos e seguir aumentando a desconfianza entre eles”.






