A Fashion Weekend, que se celebrará esta fin de semana, vai converter a O Porriño no epicentro da moda galega da man do seu comercio local. Organizado polo Concello do Porriño en colaboración co tecido comercial da vila, esta cita consolídase como unha das máis esperadas do ano.
Así, o alcalde, Alejandro Lorenzo, salienta a importancia deste tipo de iniciativas para a dinamización do comercio e da economía local. “A Fashion Weekend é moito máis que moda: é unha demostración de forza e creatividade do noso tecido comercial. Dende o Concello seguiremos apostando por estas iniciativas que dinamizan a nosa vila, atraen visitantes e apoian aos nosos comerciantes e profesionais”, sinala.
Nesta mesma liña, a concelleira de Comercio, Rosa Isabel Alonso, pon en valor a implicación e o traballo conxunto de todos os actores implicados. “É emocionante ver como, edición tras edición, esta cita medra. Grazas ao esforzo dos nosos comerciantes e salóns de beleza, conseguimos que O Porriño respire moda, ilusión e comunidade durante dous días cheos de actividade”, asegura.
Tamén en vigoalminuto
- El BNG acusa al gobierno de Digna Rivas de “nula supervisión” del aparcamiento de A Xunqueira
- Vuelos entre Vigo y Canarias desde 90 euros
- Investigado un vecino de Baiona de 81 años por disparar a una vaca y causar lesiones a su dueño
- Caballero exige a Xunta y Diputación una respuesta de financiación de la ampliación de Balaídos para el Mundial 2030
- El Concello atendió a 129 personas con el dispositivo municipal de frío
- Renfe lanza este jueves, 8 de enero, billetes de AVE desde 15 € y Avlo desde 7 €
Venres: de tendas ata as 12 da noite
A fin de semana arrancará o venres 25 de abril coa celebración da Shopping Night, unha noite na que os establecementos comerciais da vila abrirán as súas portas en horario especial, de 21:00 a 00:00h. ofrecendo propostas dinamizadoras, descontos, sorteos, agasallos e outras sorpresas.
Este ano, como novidade, celebrarase unha festa infantil entre as 19:00 e as 21:00h., pensada para que as familias poidan gozar da xornada ao completo. A música será protagonista tamén durante a noite, coa presenza de seis DJ’s que amenizarán as principais rúas da vila e encherán O Porriño de ambiente festivo. Durante este evento repartirase material promocional do Concello, incluíndo bolsas en cada comercio e rifas para os sorteos que terán lugar o sábado.

Sábado: a Fashion Night
O sábado 26 de abril será o momento da Fashion Night, onde a Praza Antonio Palacios se converterá nunha gran pasarela ao aire libre. A partir das 18:00h. desfilarán as propostas de vinte e oito tendas e oito salóns de beleza do Porriño, que amosarán as últimas tendencias en roupa, calzado, xoiería, complementos, maquillaxe e peiteados. O desfile estará dirixido pola xornalista Lucía Rodríguez e contará coa participación da escola de modelos Small Big Models, que colabora de maneira desinteresada por terceiro ano consecutivo, demostrando o seu compromiso coa moda local.
A velada estará tamén cargada de emocións, coa actuación musical de Erika Lewis, o saxofonista Diego Caride, Lucía Samoelle e outras propostas artísticas aínda por confirmar. Durante a noite sortearanse cinco cestas de produtos gourmet entre todas as persoas participantes.






