A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela, participou no ciclo Estacións de ferrocarril: motores de rexeneración urbana do século XXI, impulsado polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia, onde salientou a importancia da estación de autobuses de Vigo, consolidada como nodo intermodal e principal núcleo de comunicacións do sur de Galicia.
Esta infraestrutura sumou desde a súa posta en funcionamento, en decembro de 2022, máis de 4.000.000 de viaxeiros e por ela pasaron máis de 210.000 autobuses.
Precisamente con motivo da participación nesta xornada, a directora xeral visitou, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, a estación viguesa para comprobar o seu funcionamento.
Tendencia en alza
Segundo sinalou Judit Fontela, a tendencia en canto aos viaxeiros mantense á alza nos últimos anos, cun incremento da demanda en 2024 do 9% con respecto a 2023, superando os 1,9 millóns de viaxeiros, e un inicio de 2025 no que se reflicte un aumento similar. Nesta liña, resaltou a mellora da mobilidade da área de Vigo e do sur de Galicia ao achegar a terminal de autobús ao centro urbano e favorecer a súa conexión coa terminal de tren.
Máis do 60% dos viaxeiros do transporte interurbano chegan ou saen de Vigo
Así, a estación intermodal acolleu neste tempo máis do 60% de todos os viaxeiros do transporte público interurbano da Xunta que chegan ou saen de Vigo. “Unha cifra moi relevante tendo en conta o volume de servizos de autobús que cada día conectan Vigo co resto da comunidade e que na cidade existen centros de atracción de demanda de transporte público tan importantes como os hospitais públicos ou o campus universitario”, engadiu.
Ademais, máis do 60% de todos os servizos que chegan ou saen de Vigo teñen a súa cabeceira ou realizan unha parada na estación intermodal. De feito, o transporte público da Xunta ofrece máis de 100.000 servizos ao ano nesta infraestrutura, o que supón que Vigo está conectada co resto de Galicia cuns 320 servizos nun día laborable medio, 160 os sábados e 160 os domingos.
Outras novas
- Caballero exige a Rueda 25 millones para el túnel de Elduayen…hace menos de un año le pedía 16
- El índice de actualización de los alquileres subió un 2,1% en junio
- Baja el precio de la bombona de butano
- Pontevedra, una de las provincias más seguras
- Rescatado en Moaña el cuerpo de un hombre, flotando en el mar
- “Rueda pode dicir o que queira, pero hoxe en Galicia hai mulleres parindo sen auga quente”
Medidas de fomento do transporte público
Na súa intervención, Judit Fontela lembrou que Galicia impulsou diversas medidas para promover o uso do transporte público como as tarxetas de mobilidade que permiten beneficiarse de descontos e doutras vantaxes. Nesta liña, salientou as tarifas gratuítas Xente Nova (TXN) e +65, que permiten realizar ata 60 viaxes balde ao mes en toda a comunidade aos menores de 21 anos e aos maiores de 65 anos.
Máis de 61.000 usuarios da área viguesa
En 2024, máis de 61.000 usuarios do transporte público dos municipios que forman a Área de Transporte Metropolitano (ATM) e do concello de Vigo, que non está integrado nesa iniciativa, beneficiáronse destas medidas.
En concreto, máis de 27.500 persoas maiores de 65 anos teñen acceso á tarifa gratuíta e máis de 34.000 persoas menores de 21 anos dispoñen da Tarxeta Xente Nova. En conxunto, realizaron en 2024 máis de 1.300.000 viaxes gratuítas, e as bonificacións da Xunta para compensar a súa aplicación superaron os 1.090.000 euros.
Tarifa +65
Así, no primeiro ano de funcionamento da tarifa +65, os usuarios realizaron máis de 485.000 viaxes de balde, en cuxa bonificación a Xunta investiu máis de 385.000 euros, unha contía que os usuarios puideron aforrar neste período.
Tarxeta Xente Nova
En canto á Tarxeta Xente Nova, posta en marcha en 2016, o pasado ano os menores de 21 anos da área de Vigo realizaron máis de 840.000 viaxes gratuítas, un 8 % máis que en 2023, cunha bonificación por esta medida de máis de 700.000 euros en 2024, un 24 % máis que en 2023.