O Concello de Ponteareas informa de novos roubos de cable eléctrico, nesta ocasión na estación depuradora da Freixa. Un feito que dende os responsábeis municipais califican de “moi grave” ao prexudicar o correcto funcionamento da planta de tratamento. Informa o tenente de alcaldesa e concelleiro de Seguridade, Juan Carlos González, que as forzas de seguridade xa están investigando estes feitos que “danan unha infraestrutura indispensable para o tratamento das augas e a protección do medio ambiente”.
Tamén no barrio da Cruz, Pías e no Alto da Gloria
Ademais, nestes días tamén se produciron roubos de cableado do alumamento público no barrio da Cruz, en Pías, e no Alto da Gloria en Fontenla. “O alumamento público é fundamental para dar seguridade aos barrios do rural. Estes actos vandálicos poñen en risco a seguridade das persoas que van a traballar cedo ou saen dos seus fogares a última hora da tarde ou da noite cando non hai luz natural. Nas parroquias temos xente maior e todas e todos debemos ter a sensibilidade suficiente para pensar que non poden saír a escuras”.
Tamén en vigoalminuto
- La Alianza pola Vivenda de Vigo reclama un ‘Real Decreto Maricarmen’ y llama a concentrarse hoy contra los desahucios
- Los astilleros de Vigo reciben 24,6 millones de euros en ayudas públicas durante 2026
- Vuelve la lluvia
- O BNG reclama á Xunta unha residencia pública para Vigo tras 17 anos de promesas incumpridas
- Dos heridos graves en una colisión frontal entre un coche y una moto en Cerdedo-Cotobade
- As Rías Baixas superan os 700.000 turistas nun verán de récord e xa concentran o 35% das visitas a Galicia
Novamente o Concello solicita a colaboración cidadá aportando información útil que poida axudar para localizar á persoa responsable e protexer un servicio público como é a depuración de augas e a alumamento público. “A aportación de datos veraces por parte da cidadanía sempre é unha axuda importante por iso solicitamos novamente que comuniquen as súas sospeitas”.
González Carrera lémbralle aos veciños e veciñas que as empresas autorizadas e os servizos do Concello sempre levan vehículos serigrafíados e uniformes de traballo identificativos, “no caso de ver a alguén que non vaia perfectamente identificado manipulando o cableado deben alertar á Policía Local ou Garda Civil”.






