Un rapaz de 33 anos resultou ferido grave nunha colisión entre un turismo e un camión na AP-9 sentido Santiago, á altura do concello de Teo. O suceso ás 07:30 horas e aínda que nun primeiro momento, deuse o aviso ao 112 Galicia de que un dos ocupantes do coche non podía saír do vehóiculo, finalmente foi excarcelado polo persoal sanitario.
De inmediato, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago, nunha ambulancia de soporte vital avanzado e ata o lugar tamén achegouse outra ambulancia de soporte vital básico. Asimesmo se desprazaron ata a zona do accidente os Bombeiros de Boiro, GES de Brión, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.
Tamén en vigoalminuto
- Nécoras, camarones y una embarcación sin matrícula: el extraño almacén de marisco descubierto en Cangas
- Seis detenidos en Vigo en dos semanas por tráfico de drogas: cocaína, hachís y pastillas Superman
- Pinturas Proa, otra fábrica histórica de la ciudad que puede acabar bajo la piqueta
- Susana Rodríguez Gacio cambia a medalla polo comercio local
- Morre en Vigo Xosé Luís Méndez Ferrín, o escritor que mudou a literatura galega
- Cuatro heridos en un accidente entre un camión y tres coches en la N-640
A causa da colisión producíronse retencións na autoestrada que superaron os 2 quilómetros e duraron máis dunha hora.






