A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) presentou unha demanda contra Stellantis España SL por vulneración dos dereitos fundamentais á liberdade sindical e á tutela xudicial efectiva, e tras ser obxecto dunha campaña de desprestixio promovida pola empresa xunto cos sindicatos asinantes do acordo de paga de beneficios.
A CUT denuncia que, tras impugnar legalmente dito acordo por conter cláusulas discriminatorias, «Stellantis e os seus socios sindicais iniciaron unha ofensiva pública culpabilizando á CUT da suspensión da paga variable (paga de beneficios), estendendo esta mensaxe mesmo a centros de traballo fóra do ámbito representativo do sindicato e de aplicación xurídica da sentenza de Vigo, como as plantas de Madrid e Zaragoza».
O sindicato xa advertiu no seu día que o sistema e cláusulas establecidas na paga de beneficios penalizaba aos traballadores/as con baixas por enfermidade común, «e esa advertencia foi ratificada polo Xulgado do Social nº 2 de Vigo, que na sentenza 633/2024 declarou a existencia de cláusulas discriminatorias contrarias ao principio de igualdade».
Outras novas
- La UVigo aprueba la descentralización de Medicina…con el rechazo del alcalde
- Directos Vibra Mahou regresa en 2026 con Rufus T. Firefly, Repion, Anabel Lee y Niños Bravos
- Se aceleran las obras de emergencia en las válvulas de Eiras
- Llega la tercera edición de +Talento Motor, la cantera que impulsa a los jóvenes pilotos gallegos
- El 100% de la plantilla del almacén de Amazon en O Porriño secunda la huelga
- Detenida en Vigo por estafar más de 23.000€ mediante contratos telefónicos con datos de otras personas
Contexto de exclusión sindical e vulneración de dereitos
A CUT, con representación legal no centro de traballo de Vigo, «foi excluída da negociación do bono discrecional do grupo para este ano, que nada ten que ver co acordo de retribución variable do 28 de
novembro de 2023, onde se acordaron criterios pactados unicamente entre a empresa e sindicatos afíns (SIT, UGT e CC.OO) na comisión da paga de beneficios, sen dar participación á CUT nin permitir a súa
intervención».






