O Sindicato de Enfermaría SATSE, en Galiza denuncia que os profesionais dos PACs do Sergas,sufren penalizacións en distintos aspectos relacionados coas dietas e no desfrute de permisos na súa xornada anual.
Retribucións un 25% menores
Para o Sindicato resultan «lamentables» as condicións deste colectivo, cunhas retribucións totalmente desfasadas e que mostran un tremendo agravio cos profesionais de atención ordinaria (centro de saúde), pois pola mesma actividade, realización de gardas fóra da súa xornada laboral, as súas retribucións son arredor de un 25% menores.
Con ‘dietas’ aprobadas en 2008
As quendas destes enfermeiros/ as son maioritariamente de 17h ou de 24h, co cal deben facer durante a mesma 1 ou 2 comidas, as retribucións que lles abonan neste concepto foron aprobadas no ano 2008 (10€), é dicir 17 anos sen ningunha mellora neste concepto.
Outras novas
- El BNG vuelve a exigir que se paralice la torre de control remota de Peinador
- La Diputación pide al alcalde que le envíe el proyecto de Balaídos para garantizar el Mundial 2030
- Arrestados tras llevarse objetos por valor de 588€, en un establecimiento del centro
- La Xunta crea un fondo turístico para los tres aeropuertos: el dinero irá a promoción, no a aerolíneas
- Viajes a Cíes y Ons en Semana Santa, con salidas desde seis puertos
- Caballero asegura que Louzán teme una visita de la FIFA a Balaídos
Permisos e baixas laborais
Outra das “penalizacións” que sofren, contrariamente ao resto de persoal é a afectación na súa xornada anual do desfrute de permisos, o feito de estar de baixa laboral, asistencia a cursos de formación ou mesmo ter unha ausencia derivada do acompañamento de un familiar enfermo, provoca que nalgún caso, os profesionais precisen “recuperar” esa xornada.
Esta falta de recoñecemento mantense no tempo, a pesares da intencionalidade que di ter a Dirección de solventar os agravios, «o certo é que estes segue a perpetuarse de forma indefinida e precarizan enormemente as condicións laborais de estes profesionais».
Á vista desta situación, desde SATSE solicitan que a mesma se revirta a maior brevidade, e se revisen a alza tanto as retribucións pola xornada complementaria como o resto de condicións laborais, e «poñeremos a dispoñibilidade dos profesionais afectados reclamacións individuais, e mesmo mobilizacións en toda a Comunidade Autónoma».






