A Catedral de Tui iluminada e os fogos artificiais centran o deseño do cartel anunciador das Festas de San Telmo obra do ilustrador tudense Carlos Lago. O deseño, que vén de ser presentado, anuncia a celebración das festas patronais de Tui do 19 ao 28 deste mes de abril.
O alcalde, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, felicitaron ao autor polo seu traballo que será a imaxe das festas de San Telmo deste 2025. Carlos Lago confesou sentirse sorprendido, alegre e preocupado ao tempo, cando recibiu o encargo do concello do Tui.
Así, o artista apuntou que o deseño final foi un dos primeiros que realizou entre unha decena de borradores nos que traballou buscando ilustrar o espírito e o sentimento dos festexos patronais para os tudenses, que explicaba xiraron entorno a dous elementos unidos á emoción das festas coma son a figura de San Telmo saíndo da Catedral, e a propia Catedral iluminada e cos fogos de artificio, que foi polos que se decantou finalmente.
Carlos Lago
A obra realizouna “en lapis pastel, con algo de rotulador, sobre cartolina”, pasándose ao dixital para o remate coas letras e os logotipos . Carlos Lago amosou a súa satisfacción co traballo realizado porque “cree que cumpre ben a súa función” anunciar as festas cun carácter festivo e chamativo. Agarda que sexa tamén do agrado da cidadanía.
Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca Carlos Lago é na actualidade profesor de Educación Plástica no IES Pino Manso do Porriño, sen deixar de lado a súa faceta máis creativa. Durante anos durante anos dedicouse á creación de videoclips de animación para artistas como Guadi Galego e Xabier Díaz, e ilustrou libros de Emma Pedreira ou Marta Lado. Agora volveu ao debuxo analóxico, realizado sobre todo en lápices pastel, que comparte a través das súas redes socias de “O Terser home” onde plasma o cotiá, paisaxes cercanas ou de viaxes, e retratos coa súa particular impronta, fixándose coma reto un debuxo diario, a modo de diario visual.
O cartel elaborado este ano por Carlos Lago é o segundo, tras o de Víctor Coyote de 2024, para anunciar ás festas de San Telmo encargados polo Concello de Tui a deseñadores e ilustradores tudenses nunha aposta por visibilizar e recoñecer o seu talento, nunhas datas tan relevantes coma os festexos patronais.
Outras novas en vigoalminuto
- Milleiros de persoas rexeitan a guerra, piden traballo digno e a redución da xornada laboral
- Amancio Ortega ha ganado, sólo por su participación en Inditex, 8,5 millones al día
- Dos personas muertas en accidentes de tráfico, en apenas 6 horas
- Cuatro noches de ‘música inolvidable’ en la Fábrica de Chocolate
- Arrestada una pareja itinerante que se dedica a robar a personas de edad avanzada
- Acuerdo con el Concello para que la Diputación financie la construcción de la piscina de Teis