A Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de admitir o dereito de una pensión de viuvez a una muller, pola morte do seu ex marido, logo de dar por acreditado que fora vítima de violencia machista, mesmo sen denunciar ao seu agresor.
Así, o alto tribunal estima o recurso da vítima contra a sentenza do Xulgado do Social número 3 de Vigo, que lle denegara a prestación. Os xuíces entenden que os feitos presentados amosan un «escenario familiar conflitivo, onde se mesturaba, ademais, o alcoholismo do ex esposo da demandante, dando lugar a situacións violentas presenciadas polo fillo».
Tamén en vigoalminuto
- Temperaturas extremas en Galicia: 158 concellos en alerta vermella e suspensión do deporte ao aire libre
- Una columna de humo alarma a los conductores en la AP-9: un coche acaba calcinado en Mos
- El alcalde pide una prórroga para no perder los fondos destinados a Finca Matías y la Diputación garantiza que la tendrá
- Habrá una pantalla gigante en Castrelos para ver el España–Portugal del Mundial
- El TSXG avala al Concello y permite construir varios chalés junto al mar en Cabo Estai
- O BNG propón mobilizar 227 vivendas baleiras da SAREB, ante un alugueiro que rolda os 900 euros
A causa dos mesmos, a vítima «iniciou un proceso de separación ou divorcio que lle levou a consultar coa asesora xurídica do Centro Municipal de Información da Muller do Concello de Vigo, a quen lle manifestou a existencia de malos tratos psicolóxicos, sen que haxa dato algún do cal se poida deducir que esa manifestación fose incerta, interesada ou espuria».
Isto, engaden os maxistrados, colocou á muller nunha» situación onde interseccionan varias causas de vulnerabilidade que, en maior ou menor medida, estaban presentes tamén durante a vixencia do matrimonio».
Finalmente, a Sala tomou en consideración sentenzas anteriores, analizando a situación da vítima e as súas posibilidades de actuación, «atendendo ao contexto social e xurídico no cal se desenvolveu, así como a súa propia situación persoal e familiar».






