Comarcas

Este luns, abre o prazo para inscribirse na ‘Residencia Literaria’ da Illa de San Simón

Ata o día 28 de marzo

Este luns, día 10, abre o prazo para optar ás 24 prazas que se ofertan na Residencia Literaria da Illa de San Simón para o estímulo e a promoción da creación en galego. Trátase da terceira edición desta iniciativa coa que a Consellería de Cultura busca apoiar os procesos creativos dos escritores, poñendo ao seu dispor un espazo, un ambiente e unhas condicións óptimas para a enteira dedicación aos seus proxectos literarios.

Así, ofértase a posibilidade de estadías repartidas en tres quincenas:

  • do 19 de maio ao 1 de xuño
  • do 23 de setembro ao 6 de outubro
  • e do 6 de outubro ao 19 de outubro

Requisitos

Para poder gozar desta experiencia, os participantes deben ser maiores de idade e estar desenvolvendo un proxecto creativo en lingua galega, pois esta residencia está concibida para a mellora de iniciativas de creación literaria durante o período de estadía dos creadores, que deberá ser como mínimo dunha semana e como máximo de dúas.

Na Illa de San Simón, os profesionais terán ao seu dispor os bens e servizos necesarios para o desenvolvemento do seu proxecto, contando con aloxamento e espazo de traballo propio.


Tamén en vigoalminuto


Solicitudes ata o 28 de marzo

Os interesados en participar poderán presentar as súas solicitudes ata o 28 de marzo a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Tan só se poderá incluír unha única candidatura acompañada dun documento, de máximo 10 páxinas, que deberá contar a explicación do proxecto de creación literaria que desenvolverán na residencia, xénero, idioma da obra, currículo do aspirante, expediente artístico e carta de motivación, entre outros detalles que se poden consultar nas bases.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.