Comarcas

O Porriño comeza o seu Entroido con música, tradición e cor

Antes do desfile, con 27 comparsas e 2.155 participantes

O Entroido do Porriño 2025 xa está oficialmente en marcha, cunha primeira xornada que encheu as rúas de alegría, música e moita participación veciñal. A festa comezou ao mediodía co desfile dos tradicionais xigantes e cabezudos, que percorreron a vila entre as 12:00 e as 14:00 h contaxiando á veciñanza e visitantes co seu ambiente festivo, acompañados polas charangas Vai de Baile e Noroeste.

Pregón

Ás 13:00 h celebrouse o acto central da mañá: o pregón do Entroido, a cargo de Carla Marques Vaquero, alumna de 4º da ESO do Colexio Santo Tomás e gañadora do concurso de carteis na categoría de Secundaria. O pregón desenvolveuse no balcón da Casa Consistorial, onde Carla estivo acompañada polos outros escolares premiados, resaltando o talento e a creatividade da mocidade porriñesa.

Durante a súa intervención, Carla compartiu a emoción que sentiu ao ver o seu cartel convertido na imaxe oficial destas festas. No seu discurso destacou a importancia da arte e da creatividade nas nosas tradicións, lembrando que o Entroido é moito máis ca unha festa: é unha expresión da identidade colectiva do Porriño, unha conexión directa coas nosas raíces e unha celebración aberta a toda a comunidade. «A capacidade de crear e de festexar é algo que nos fai humanos», afirmou a pregoeira, que tamén quixo reivindicar o papel da xuventude como garante de que esta festa siga viva no futuro.

O alcalde do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo Alonso, destacou a relevancia de darlle voz á mocidade no inicio dunha das festas máis queridas da vila: “O Entroido do Porriño é de todos e todas, e contar cunha pregoeira nova, creativa e orgullosa da súa cultura é unha mensaxe clara de que o futuro da nosa festa está asegurado”.

Unha tarde e unha noite cheas de propostas para todos os públicos

  • A programación continúa esta tarde cun dos actos máis tradicionais e simbólicos do noso Entroido: o 81º Xogo da Ola, que comezará ás 16:00 h na súa rúa homónima. Este evento, que forma parte da historia do Entroido local, ofrecerá unha tarde chea de emoción e tradición.
  • Entre as 16:30 e as 18:00 h, a festa volverá ás rúas da man dos cabezudos e das Charangas SDK, Vai de Baile e Bate no Cobre, que seguirán espallando música e bo humor polas rúas da vila. Ao mesmo tempo, na Praza Arquitecto Antonio Palacios, terá lugar un obradoiro infantil para que a cativada tamén poida gozar da festa a súa maneira.
  • Ás 18:30 h, sairá dende o Pavillón Municipal de Deportes o esperado Desfile de Comparsas, que promete ser o máis multitudinario da historia de O Porriño, con 27 comparsas e 2.155 participantes dispostos a encher as rúas de cor e vitalidade. O desfile percorrerá as principais rúas ata a praza central, onde as comparsas desfilarán ao ritmo de música, baile e ledicia, creando un espectáculo incrible que contaxiará a todo o público.
  • Para pechar a xornada por todo o alto, a música tomará o escenario da Praza Arquitecto Antonio Palacios cos concertos de Gin Toni’s, Henry Méndez e Samu Pexe, que farán vibrar ao público co seu ritmo e bo ambiente.

Tamén en vigoalminuto


E nos próximos días…

O Entroido non remata aquí.

  • O domingo, a festa continuará cunha xornada dedicada á cativada, que incluirá unha festa infantil pola mañá, e ás 22:00 h, o concerto da Orquestra París de Noia porá o broche final ao día cunha actuación chea de enerxía e música festiva.
  • Doutra banda, o luns, ás 17:00 h, a cativada continuará participando nas actividades do entroido cun obradoiro infantil na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
  • As Charangas Imperiais e a Fanfarria Furruxa volverán animar as rúas o martes de 12:00 a 14:00 h. Pola tarde, a partir das 17:00 h, desfilarán novamente as comparsas acompañadas de charangas e batucadas, dende a  Rúa Manuel Rodríguez ata a Praza Central.
  • Finalmente, o mércores de cinza, último día do Entroido, as 17:00 h. celebrarase o tradicional velorio da sardiña no Círculo Recreativo Cultural. A xornada continuará coa lectura do testamento da sardiña na Praza do Concello e o acompañamento da sardiña ata o río Louro, pechando a festa de forma inesquecible.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.