Os pacientes ingresados nos hospitais da Área Sanitaria de Vigo recibirán o vindeiro martes, 4 de marzo, un menú especial con motivo da celebración do Entroido. O servizo de Restauración servirá un menú diferente composto de cocido de Entroido e, como sobremesa, torta caseira de filloas e crema.
Ademais, para facer máis festiva a xornada, os pacientes adultos recibirán un marcador de páxinas conmemorativo, mentres que os nenos ingresados serán obsequiados cunha divertida máscara de entroido.
«Esta iniciativa, coordinada desde a Subdirección de Humanización e Atención á Cidadanía da Área Sanitaria de Vigo, forma parte do compromiso coa humanización da asistencia hospitalaria, co obxectivo de achegar as tradicións aos pacientes e facer máis amena a súa estancia no hospital».
Con esta actividade, «a Área Sanitaria de Vigo reforza a súa aposta polo benestar emocional dos pacientes, promovendo o arraigamento aos costumes locais e a celebración de datas sinaladas cun toque de proximidade e agarimo», apuntan desde o SERGAS.
Otras noticias
- Eiras abastecerá a Baiona desde este lunes, ante sus problemas de suministro
- Buscan a una perra que escapó en Navia
- Los sueldos suben en Vigo, pero la vivienda corre mucho más: cada vez cuesta más vivir de una nómina
- Vigo se rinde al balonmano: el Barça conquista su quinta Supercopa Ibérica y el Rocasa reina en el IFEVI
- A Guarda alerta de atascos provocados por las toallitas y otros residuos que llegan al saneamiento
- Dos detenidos el mismo día: uno forzó un bar y otro huyó con tarjetas robadas
Preto de 900 menús
O servizo de restauración estima servir 436 dietas basais, destinadas a pacientes sen restricións alimentarias que poderán degustar o menú preparado especialmente para esta data. O resto de pacientes recibirán un menú adaptado a súas doenzas, aínda que sempre que sexa posible estará composto tamén por pratos especiais do menú basal adaptados á dieta prescrita.
Habitualmente, sérvense unha media de 935 menús diarios nos hospitais da área sanitaria, que se elaboran nas instalacións da cociña do Hospital Álvaro Cunqueiro. O servizo conta con 174 persoas entre as diferentes categorías profesionais distribuídas nos tres hospitais.






