Galicia

O primeiro iogur con prebióticos para cans e gatos, é galego

A empresa Dairypet está presente en 2.000 puntos de venta de Asía, América e Europa

A empresa Dairypet, con sede en Poio, comercializa o primeiro iogur con prebióticos activos para cans e gatos´. Dairypet desenvolve produtos lácteos e outros complementos alimenticios innovadores, elaborados con ingredientes totalmente naturais e que melloran a saúde das mascotas.

Así, a firma colabora directamente con gandeiros e cooperativas locais «para asegurar a frescura e calidade dos seus produtos. A esta filosofía de proximidade engádese o seu compromiso coa sustentabilidade, a responsabilidade social e o benestar animal».

Iogur sen lactosa, sen azucre e con prebióticos

Un dos seus produtos máis destacados é un iogur natural elaborado sen lactosa, sen azucre e con prebióticos certificados; ao tempo que mantén todos os seus beneficios nutricionais, non precisa refrixeración. Ademais, ofrece outras variantes de iogur con distintas funcionalidades adaptadas ás necesidades das mascotas: brillo de pelame e pel ou mellora da saúde articular e dixestiva.

Dentro da súa gama láctea, atópanse produtos con probióticos para reforzar o sistema inmune dos animais, iogures xeados con distintos aromas e leite funcional para cans e gatos -un produto revolucionario e pioneiro-.

Tres continentes

A pesar da súa curta traxectoria -nace en 2021-, xa logrou situarse en máis de 30 países e máis de 2.000 puntos de venda en territorios clave en Europa, Asia e América. Entre os países onde os seus produtos teñen unha maior aceptación atópanse Singapur, Kuwait, Bélxica e Taiwán.

Tralo seu paso por “Galicia Avanza,” está a consolidar a súa presenza nestes mercados, ao tempo que se está a abrir a outros novos de interese como os Estados Unidos e Reino Unido. «No marco do programa, avanzouse na obtención de certificacións e no rexistro da marca en Arabia Saudita, un dos mercados máis importantes en Oriente Medio e cun gran potencial de crecemento».

Galicia Avanza

O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas “Galicia Avanza” iniciábase en 2022 impulsado pola Consellería de Economía e Industria -a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape)- e o Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole -sociedade participada pola Xunta de Galicia-, entidade encargada da súa xestión e coordinación. Na terceira edición do programa, que acaba de concluír, participaron 21 pemes innovadoras e/ou de base tecnolóxica de toda a comunidade.

Durante os 8 meses de duración do programa, traballouse na saída ao exterior das empresas e tamén na consolidación internacional das que xa tiñan experiencia neste eido, abríndolles novos mercados ou accedendo a novos segmentos de clientes. Axudóuselles a mellorar a súa estratexia comercial internacional, avanzouse na protección das súas marcas e deseños industriais ou intelectuais e na detección de posibles colaboracións con outras firmas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.