A Xunta pon á disposición dos promotores e cooperativas un total de 82 parcelas de solo residencial urbanizado, destinadas á construción de 153 vivendas protexidas, no polígono 1 de San Paio de Navia, en Vigo.
O concurso inclúe unicamente parcelas do polígono 1, cuxas obras de urbanización están moi avanzadas e remataranse na próxima primavera. Así o Consello recibiu información da próxima convocatoria do concurso público polo que se adxudicarán as ditas parcelas. O prego deste concurso estará listo este mesmo mes.
Preferencia
O solo ten que destinarse á construción de vivenda protexida destinada a alugueiro ou a compravenda. Terán preferencia as ofertas destinadas á construción de vivendas en alugueiro e a adxudicación en dereito de superficie, así como as vivendas que vaia ter un prezo de renda ou venda máis reducido (réxime especial).
En función dos ditos criterios, a preferencia para a adxudicación das parcelas será a seguinte:
| Preferencia | Tipoloxía e Destino | Forma Adxudicación | 
| 1º Réxime especial | Alugueiro | Dereito de superficie | 
| 2º Réxime xeral | Alugueiro | Dereito de superficie | 
| 3º Réxime Especial | Alugueiro | Compra | 
| 4º Réxime Xeral | Alugueiro | Compra | 
| 5º Réxime Especial | Venda | Compra | 
| 6º Réxime Xeral | Venda | Compra | 
| 7º Réxime Concetrado | Alugueiro | Dereito de Superficie | 
| 8º Réxime Concertado | Alugueiro | Compra | 
| 9º Réxime Concertado | Venda | Compra | 
No caso de adxudicación do solo en dereito de superficie, a concesión será por 75 anos. A Xunta conservará a propiedade do solo e os adxudicatarios satisfarán por el un canon anual moi reducido.
Ao remate do período de concesión, o solo volverá a dominio da Xunta, xunto coas vivendas construídas nel, que pasarán a formar parte do parque público de vivenda.
Tamén en vigoalminuto
- “Romeo y Julieta, el Musical” llega a Vigo con una espectacular puesta en escena
 - SATSE alerta que los pacientes pagan la falta de sustituciones: tienen que esperar más y la atención es peor
 - Agentes de la Policía Nacional evitan el suicidio de dos personas, en Vigo
 - Lazoiro denuncia a existencia dun vertedoiro ilegal en Salvaterra
 - El visor submarino de ‘Peiraos do Solpor’ navega hacia Bouzas, en una operación inédita en España
 - El Tribunal Superior de Galicia revoca la condena al Concello de Vigo por el concierto de Guns N’ Roses
 
755 VPP en execución
Actualmente a Xunta ten 755 vivendas de promoción pública en diversas fases de execución nos polígonos 1 e 2 de San Paio de Navia, ademais de estar executando as obras de urbanización do polígono 1 e ter licitadas as obras de urbanización do polígono 2, que se prevé iniciar no mes de marzo próximo.







