O Concello de Ponteareas vén de aprobar un investimento de 18.967.048,45€ en catro anos para a mellora da rede de abastecemento e saneamento das 24 parroquias. Así, o goberno local aprobou os anteproxecto do Ciclo Integral da Auga que abrangue a rede de sumidoiros e depuración da auga.
Máis polo miúdo estes serán os orzamentos destinados a este proxecto:
- 4.971.422,01€ o primeiro ano
- 5.151.809,92€ o segundo ano
- 5.116.648,76€ o terceiro ano e
- 3.727.167,77€ o cuarto ano
Coa apertura do expediente informativo haberá un prazo para alegacións, posterior aprobación, licitación e adxudicación.
Abastecemento, reutilización e saneamento
A xestión do ciclo integral da auga abrangue o complexo labor de manexo dos sistemas ou procesos que permiten o abastecemento urbano (con augas aptas para o consumo), a reutilización (para usos distintos ao consumo humano) así como o saneamento das augas residuais (xa usadas) xeradas.
Explica a concelleira de Infraestruturas, Raquel Bautista, que o ciclo da auga vai desde que o recurso s capta e chega á billa, ata que, unha vez usado, se devolve á natureza ou se reutiliza nalgúns casos, aproveitando a auga para usos distintos ao consumo humano como a rega de xardíns, a agricultura ou algúns usos industriais.
Débeda histórica
Pola súa banda, a alcaldesa, Nava Castro, subliña a importancia de achegar este servizo a todas as parroquias e co Ciclo Integral da Auga “dase por fin o primeiro paso firme e unha compromiso real con todas as parroquias. É unha débeda histórica con toda a cidadanía do rural e unha medida indispensable para construír unha vila saudable. Cumprimos co noso proxecto de lexislatura máis importante”.
Tamén en vigoalminuto
- ‘Bandeira Negra’ dos ecoloxistas para a Illa de Toralla
- Unos piragüistas recuperan el cuerpo de un hombre, cerca de una playa de Boiro
- Personal del Concello alerta del estado “insalubre y peligroso” de las instalaciones municipales
- Si estás por la calle, hoy en Vigo, esto te gustará
- Cinco medallas y dos trofeos por clubes para el FlicFlac de Vigo, en el Campeonato de España de Gimnasia Acrobática
- Descuentos del 30% en Vueling por el ‘Yelow Day’… y sorteo de un año de vuelos gratis
Sanción
Por último, o Goberno local aprobou tamén sancionar á actual empresa de prestación do servizo de axuda no fogar (SAF) pola comisión de faltas leves, graves e moi graves que ascende a un total de 49.500€. Procede, agora, o goberno local á adxudicación da nova empresa que xestionará este servizo.