Como adelantara onte vigoalminuto, toda a costa de Galicia esta en alerta por choiva e vento que, como indican as observacións de MeteoGalicia, deixaron xa refachos de máis de 120 km/h nos concellos de Vimianzo e Muras.
Exactamente, na Gándara, en Vimianzo, acadaron os 122,5 km/h ás 08:10h; ás 09:50h., en Muras chagaron as 121,9km/h e en Punta Candeira, en Cedeira, ás 08:50, o vento marcou 119,1 km/h.
Lembramos que dende a medianoite deste venres está activa a alerta laranxa por temporal costeiro no litoral coruñés que co paso das horas se estendeu a Pontevedra. No caso da costa lucense a alerta é amarela.
Tamén en vigoalminuto
- Renfe mantiene suspendidos los trenes a Vigo, al menos hasta el martes
- La Policía Nacional desmantela en As Travesas un ‘punto negro’ de venta de droga a menores
- Del “encantado” al “nos esquilman”: los giros de Abel Caballero con la Diputación en apenas un año
- Temporal y trenes cancelados: PP y BNG cargan contra Renfe, Adif y el silencio de Abel Caballero
- Vigo sigue sin trenes y sin explicaciones
- Detenido por retransmitir en directo las agresiones sexuales a su hija
Ventos do sur ou suroeste e ondas de 6 metros
Así, os ventos son do sur ou suroeste de ata forza 9, con mar combinado do oeste ou suroeste con ondas de ata 6 metros.
A Consellería de Presidencia xa informou, a través do 112 Galicia, aos concellos das provincias afectadas, ás deputacións, aos servizos de Protección Civil e a clubs náuticos, entre outros.
Ademais, a Secretaría Xeral para ou Deporte anunciou a suspensión de toda actividade deportiva federada no mar, ao longo de toda a xornada do venres.
Os servizos de Emerxencias lembran a importancia de manterse afastado da liña de costa, de extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar e de revisar os cabos e amarres das embarcacións.






