Vía Galega -que aglutina a 61 entidades de diferentes ámbitos do tecido social galego- chama a participar na manifestación convocada por Queremos Galego que, o vindeiro domingo 23 de febreiro, percorrerá as rúas de Compostela a prol do noso idioma para reverter a situación de emerxencia en que se atopa o galego.
A situación preocupante de perda de galego-falantes e da ruptura xeracional do uso do noso idioma responde á «política lingüística despregada pola Xunta de Galiza. Unha política deseñada a perpetuar os prexuízos sobre o galego, a impedir e obstaculizar a súa utilización, a negarlle todos os dereitos e a perseguilo en diferentes ámbitos e usos».
Dende Vía Galega entenden que o obxectivo é ir subordinando cada vez máis o noso idioma ao español, ilo asimilando, «até a substitución lingüística total da lingua propia, o galego, pola imposta, o español». Por iso, aseguran que «resulta obsceno que a Xunta de Galiza e o PP continúen falando de aplicar un “bilingüismo cordial”. Unha falacia inviábel socialmente».
Impor o español
Os representantes de Vía Galega denuncian que a pretensión non é outra que seguir a impor a lingua dominante, o español, provista de todos os dereitos, en detrimento do uso do galego. Así, engaden, o futuro para o noso idioma pasa por un «cambio de rumbo radical» que leve a paralizar a persecución e marxinación da nosa lingua e a promover a normalización lingüística no conxunto da sociedade.
«Basta xa de argucias para manipular e enganar á opinión pública. Isto é o que encerra a proposta propagandística do Pacto pola Lingua que, xa inicialmente, exclúe a diferentes entidades e organizacións, entre as cales está Vía Galega, pretendendo, así, conformar un marco que lle lexitime as súas actuacións».
Tamén en vigoalminuto
- La Xunta autoriza la licitación del nuevo centro público de cuidados intermedios, en el Rebullón
- La ciudad roza el lleno total y «arrastra» la ocupación hotelera en Pontevedra, Baiona o Porriño
- Nuevo récord del precio de la vivienda en Vigo
- Localizado, con hipotermia, un hombre de 81 años que estuvo desaparecido varias horas
- La Guardia Civil se incauta de una escopeta y dos rifles, en el domicilio del atracador de la gasolinera de Tui
- Los abonos para viajar seguirán en 2026, mediante un billete único por 60€ al mes, válido para toda España
Plano Xeral da Normalización Lingüística no Parlamento Galego (PXNLG)
«Fai falta moito descaro para que despois de 20 anos de aprobar por unanimidade o Plano Xeral da Normalización Lingüística no Parlamento Galego (PXNLG) e que o PP non só se negou a aplicar, senón que lexislou en contra del, veña agora vender consensos, cando, nin sequera, está disposto a asumir dito Plano nin o derrogar o decreto da vergoña».
Vía Galega estima que «estamos ante un goberno farsante, pois a realidade é que mentres anuncia este pacto continúa lexislando contra o galego e a súa utilización». Neste sentido pon coma exemplos:
- o voto en contra do uso do galego no Parlamento Europeo
- supresión do coñecemento da nosa lingua para o acceso á CRTVG
- ausencia do galego no proxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da intelixencia artificial na Galiza
- ou a despensa de coñecemento do galego para traballar nos campamentos de verán da Xunta
«Basta xa de política galegofóbica»
Ante esta situación, os responsábeis de Vía Galega consideran que é imprescindíbel derrogar o Decreto 79/2010 para o Plurilingüismo no ensino non universitario que supón que o ensino en galego na Educación Infantil sexa case inexistente e que prohibe ministrar en galego as Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química e, por tanto, «implica que hoxe o ensino en galego sexa marxinal nos centros educativos, converténdose no artífice principal de que na escola se perdan galego-falantes».
«Non caben subterfuxios, nin discursos retóricos». Necesítase, urxentemente, para avanzar na procura da normalización lingüística: reverter a emerxencia na que está a nosa lingua, garantir o uso do noso idioma en toda situación, lexislar a favor do uso do galego, promover a súa utilización en todos os ámbitos e funcións, vehiculizar o ensino en galego en todas as etapas e niveis educativos, derrogando o decreto da vergoña, e reactivar do PXNLG.
«Para iso, facemos un chamamento para que as rúas de Compostela, o 23 de febreiro, sexan un clamor para esixirlle a Xunta de Galiza que pare de atacar ao galego e asuma que o noso idioma é o futuro de Galiza».






