Os menores de 36 anos poderán solicitar as axudas do Bono Alugueiro dende o 28 de febreiro

Por un máximo de 250€ ao mes durante dous anos

O Consello da Xunta aprobou este luns destinar case 13 millóns de euros para unha nova convocatoria do Bono Alugueiro para a mocidade.

A axuda mensual para o pago do arrendamento chega ata os 250€ e os seus destinatarios son persoas menores de 36 anos que non superen o límite de ingresos equivalente a tres veces o Iprem (25.200 €), segundo explicou o presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda.


Tamén en vigoalminuto


O prezo total da renda para poder optar a esta axuda estará limitada en función da cidade ou vila onde se contrate o alugueiro de vivenda. Así, por exemplo, no caso da Coruña, Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra ese límite será de 700€. No caso de Lugo, Ferrol e as contornas das outras cidades estará entre 500 e 600€ e ata 400€ no resto do país.

Estas axudas -que a Xunta pon en marcha co Goberno do Estado- estarán publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG) o vindeiro xoves, día 20 de febreiro, terán carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro deste 2025 e estarán vixentes por un período máximos de 2 anos.



Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.