A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de solicitar a Augas de Galiza que comunique á peticionaria e ás partes interesadas a desestimación da solicitude de concesión de augas superficiais do río Ulla no encoro de Portodemouros con destino a uso industrial, e arquive o expediente.
Nese caso, Altri-Greenfiber estaría obrigada reiniciar o procedemento de concesión dende o mesmo trámite de competencia, como establece o art. 104 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico (RDPH).
Os 18 meses concluiron o 30 de setembro pasado
Así, os ecoloxistas subliñan que o artigo 116.5 do Regulamento do Dominio Público Hidráulico establece un prazo máximo de 18 meses para que a administración competente, neste caso Augas de Galiza, resolva un expediente de concesión de augas. A empresa Altri (agora Greenfiber) presentou a súa solicitude (inicio do trámite de competencia) en novembro de 2022, e publicouse no BOP da Coruña o 30 de novembro dese ano.
De non mediar suspensión do procedemento, e no expediente non consta ningunha de oficio ou de parte, os 18 meses concluíron o 30 de setembro de 2024. Dado que a día de hoxe o organismo substantivo encargado de tramitar a concesión (Augas de Galiza, demarcación Centro) aínda non resolveu sobre dita solicitude, esta debería polo tanto entenderse desestimada.
Tamén en vigoalminuto
- El Concello mantiene sin autorización la pantalla del España-Bélgica, tras recibir la documentación complementaria de la Diputación
- La pantalla gigante de la Praza da Estrela para ver el España-Bélgica, en duda tras el aviso del Concello a la Diputación
- Vigo activa los preparativos de la Navidad con un contrato de 610.000€ para la decoración luminosa
- Vigo prohíbe la música en directo en los chiringuitos, mientras Nigrán sí la permite con límites
- El PAC de Cangas, al límite: denuncian falta de médicos, más presión asistencial y derivaciones desde Moaña
- Prohibido o baño na praia da Armona, na Guarda, tras detectarse contaminación microbiolóxica na auga
A realidade do procedemento e a «estratexia de confusión» da Xunta
Nesta liña, ADEGA figura como parte interesada no expediente dende o seu inicio, ao concorrer no trámite de competencia para reclamar que o volume de auga solicitado por Altri (46.000 m3/día) fora destinado a usos ambientais e públicos.
«No decurso do procedemento, solicitamos periodicamente acceso ao expediente administrativo que xestiona o Servizo Territorial de Augas para a zona hidrográfica de Galiza-Centro. Nunha consulta en setembro de 2024, co prazo de resolución próximo a vencer, puidemos comprobar que no expediente faltaban aínda por emitir informes preceptivos para poder autorizar a concesión e que no procedemento non se rexistraron suspensións. E nesta mesma semana de febreiro puidemos verificar que aínda non se tiñan incorporado ditos informes e que o expediente ficaba igual que hai case 4 meses», subliñan os ecoloxistas.
Á vista desta circunstancia, «resulta chamativo que dende a Xunta se filtrara un documento con apariencia de oficial» no que se daba por feito a autorización de Augas á solicitude de Altri. O contido desa filtración interesada, que recolle fundamentalmente valoracións da empresa, «non se corresponde coa realidade e contribúe a sementar a confusión entre a cidadanía e a condicionar o labor do persoal técnico da Xunta. Todo o contrario da obxectividade, transparencia e servizo público que debe guiar o proceder dunha administración».






