O BNG de Redondela vén de decidir no seu Consello Local dar por pechada calquera negociación co PSOE de Redondela. Explican desde a organización que esta decisión é consecuencia directa dos «incumprimentos reiterados do acordo de investidura por parte do PSOE local«.
«Autoritaria»
Sinalan que a forma de actuar do goberno do PSOE foi «autoritaria desde os primeiros meses e afastada do diálogo, sendo incapaces de cumprir ningún dos acordos asinados co BNG«. Pola contra, durante este case ano e medio de mandato, o BNG mantén que estivo disposto a negociar e falar para levar calquera tema adiante no Pleno,» como demostrou durante estes meses apoiando diversas iniciativas do goberno».
Desde o BNG levan meses alertando o PSOE desta situación, pero continúan nos mesmos posicionamentos autoritarios, polo que, como declara o seu voceiro municipal, Xoán Carlos González, “non podemos seguir confiando en quen non cumpre a maioría dos acordos«.
Apoio de investidura á candidatura de Digna Rivas, logo de perder as Eleccións Municipais
O BNG ofreceu o seu apoio ao Partido Socialista despois das eleccións de 2023- que gañou o Partido Popular quedando a poucos votos da maioría -co «único obxectivo de mellorar a vida dos veciños e veciñas do noso concello». Aínda así, apuntan os nacionalistas, a realidade foi ben distinta, xa que o PSOE non só incumpriu de forma sistemática gran parte dos acordos, senón que «actuou durante este ano e medio como se tivese unha maioría absoluta que nunca obtivo por parte da veciñanza de Redondela».
Outras novas
- Una mujer muere ahogada en un lavadero de Marín
- La Audiencia de Madrid anula la petición del juez Peinado sobre los correos de Begoña Gómez
- Los vigilantes de seguridad alzan la voz ante la oleada de agresiones en la sanidad pública
- O Porriño, capital galega do Pre-Fin de Ano
- Cena especial de Nochebuena para los usuarios de Teleasistencia y Axuda no Fogar
- ¿La Diputación destina sólo 5 millones de euros al año a Vigo?
«O PSOE decidiu traizoar á veciñanza»
Así, subliñan dende o Bloque, «o PSOE de Redondela decidiu afastarse do diálogo e traizoar a veciñanza e ao BNG nalgúns proxectos xa acordados nos últimos anos», como a reforma dos accesos á estrada de Porto Cabeiro ou os accesos ao colexio A Igrexa en Chapela. Tampouco respectaron un dos puntos máis importantes do acordo de investidura: a aprobación dos orzamentos no mes de decembro ou a negociación de calquera proxecto de máis de 300.000€ .
“O PSOE de Redondela decide todo como se tivesen maioría absoluta e non están a negociar co BNG os orzamentos municipais ou os investimentos máis importantes do concello que superen os 300.000”, declara o voceiro municipal, Xoán Carlos González.
Ante este desleixo ao BNG, a reunión do Consello Local celebrado este luns acordou que é o momento de desvincularse totalmente do PSOE porque “é imposible continuar confiando nun Partido Socialista xordo, que non escoita”.
Por último, dende o Bloque Nacionalista Galego aseguran que encaran esta nova etapa con entusiasmo e seriedade porque continuarán a traballar desde a oposición, como sempre fixo neste mandato, achegando iniciativas para que a vida dos e das redondeláns mellore.
E tamén:
- AER denuncia que para a alcaldesa non é unha prioridade cumprir os acordos de Goberno
- Redondela perde outros 438.000€ en subvencións
- Denuncian que o Goberno de Redondela perdeu outros 50.000€ en subvencións
- Redondela perde unha subvención de 500.000€
- Denuncian a actitude machista da alcaldesa de Redondela coa concelleira Ana Alonso
- Continúan as discrepancias no Goberno local de Redondela polas árbores da Avenida Mendiño
- As bolsas de comedor de Redondela chegan preto de 4 meses despois de comezar o curso escolar
- O BNG de Redondela non entrará no Goberno de Rivas que «se amosa feble e non promete estabilidade»
- Crisis en el Gobierno de Redondela apenas diez días después de tomar posesión






