O Concello de Redondela xa ten no seu poder o proxecto de execución do futuro paseo polo litoral de Cesantes elaborado polo estudo Naos Arquitectura. Esta actuación supón unir cun paseo o porto de Cesantes coa praia da Punta, co que se creará un novo espazo de lecer para a veciñanza de case 4.000 m2.
A alcaldesa, co gallo da súa visita a Madrid para a feira de Turismo, mantivo o xoves unha xuntanza de traballo no Ministerio para a Transición Ecolóxica. A resposta da Directora Xeral de Costas, Ana María Oñoro, foi moi positiva xa que este proxecto do paseo de Cesantes “está na liña da estratexia do ministerio para o futuro do litoral, cunha proposta sostible a nivel ambiental”, afirma Digna Rivas.


Desprazarse camiñando ou en bicicleta desde o centro da vila até a praia da Punta
Con esta actuación Redondela gañará un novo espazo para a cidadanía, “ao tempo que protexemos a paisaxe e melloramos este entorno natural que ten un gran valor ecolóxico”. O paseo polo litoral permitirá á veciñanza desprazarse camiñando ou en bicicleta desde o centro da vila até a praia da Punta.
Outras novas
- Muere a los 86 años Chuck Norris, leyenda mundial del karate y del cine de acción
- ¿Quieres participar en el rodaje de “Lobo”, la nueva producción de época de Netflix?
- Ya funciona el nuevo ascensor entre Romil e Hispanidad
- Arranca la Reconquista de Vigo
- Una psiquiatra del Álvaro Cunqueiro concluye que la IA acierta en 8 de cada 10 casos de riesgo suicida
- La Policía Nacional incauta cocaína y más de 4.900€ en Bouzas, durante un operativo contra el menudeo
Mellora da mobilidade e proteción do litoral
O obxecto da actuación é acondicionar o tramo que discorre xunto á praia de Cesantes para habilitar un espazo dinámico e fomentar unha vida saudable. Así, o paseo terá o seu percorrido paralelo ao mar e os veciños poderán gozar dunha zona natural afastada do tráfico con espazos para o deporte.
Coa creación do paseo tamén se resolverá o problema que presentan aqueles noiros que, coas mareas, sofren pequenas caídas de terreo que supoñen un perigo no transfondo da praia. Tamén se preparará este tramo do litoral ante futuros episodios de subidas do nivel do mar.


Xabre, madeira, pedra e formigón pulido
A senda será de xabre cemento, con tramos de madeira, pedra e formigón pulido. Ademais, contará con zonas de descanso ao longo do percorrido ao que se incorporarán diferentes especies vexetais autóctonas axeitadas para a climatoloxía marítima -moreiras, figueiras, bidueiros -. Nos noiros faranse xardíns que estabilicen o terreo.






