O Concello de Salceda traballa na adxudicación do contrato de redacción do proxecto da nova rúa que pretende abrir entre a Praza do Concello e a Rúa Brasil. A alcaldesa e concelleira de Urbanismo, Loli Castiñeira, aposta por un traballo conxunto entre Rubén Martín Vázquez Pérez e Mun arquitectura, ambos con ampla experiencia no trazado do concello.
Financiamento
Para financiar a redacción deste proxecto, o Concello vai presentar solicitude ao abeiro da liña 4 do Plan Máis Provincia 2025, para o cal Salceda conta con un total de 18.635,01€. Castiñeira engloba o proxecto dentro da “segunda transformación de Salceda”, que suporá a creación de novos espazos para a veciñanza e novas zonas verdes e de lecer.
Prioridade peonil
A pretensión do Goberno municipal para este novo espazo público é que sexa unha rúa de prioridade peonil en todo o seu percorrido, no que o acceso do tráfico rodado mínimo indispensable – acceso a garaxes e servizos de emerxencia-. De feito o prantexamento é que se transforme nun espazo compartido, sen diferenciación física da zona peonil e a rodada, precisamente por ese acceso mínimo de vehículos á rúa.
Outras novas en vigoalminuto
- Nigrán reunirá, este domingo, a 525 nadadores en la travesía a nado Costa Serena
- Los chiringuitos de playa “pueden abrir esta misma tarde, si quieren”
- Vigo acogerá los actos centrales del ‘Día de la Policía’, con un gran despliegue en García Barbón
- Intervenidas por primera vez en Vigo sustancias utilizadas para prácticas chemsex
- Cursos gratuitos para inserción laboral, en Vigo
- O Colexio de Psicoloxía de Galicia alerta do grave deterioro do sistema de protección de menores
Mobilidade inclusiva e autonomía infantil
Así mesmo será fundamental a dotación de especies vexetais e arboredo, que signifiquen na realidade o nacemento dunha nova zona verde no pleno centro da vila. Trátase de ofrecer percorridos que permitan a mobilidade inclusiva e a autonomía infantil, e que na práctica suporá unha ampliación da propia Praza do Concello. A rúa será o froito do proceso de normalización de leiras publicado no BOPPO do día 2 de xaneiro deste ano e notificado xa a tódalas persoas propietarias das parcelas afectadas.
Coñecemento do urbanismo da vila
A elección dos dous equipos de arquitectura para que realicen un traballo conxunto realízase por vez primeira, con intención de aproveitar o enorme coñecemento do urbanismo municipal que teñen ámbolos dous estudos. Tanto Rubén Martín Vázquez Pérez e Mun arquitectura, xa teñen realizado para o Concello diferentes proxectos de humanización de rúas e recuperación de edificios.
Agora o Concello agarda que dende a Deputación de Pontevedra se axilice a concesión da liña 4 do Plan Máis Provincia para que a nova rúa sexa unha realidade canto antes.