A compañía internacional de mensaxería e paquetería GLS vén de comezar operacións na nova plataforma loxística aberta no polígono do Rebullón, desde onde xa operan para toda a comarca.
GLS e a Comunidade de Montes de Tameiga rubricaron o contrato para que a multinacional se instalase nunha nave de 2.000 metros cadrados, unha nova instalación deseñada con tecnoloxía avanzada e sistemas automatizados que optimizan a eficiencia do proceso.
‘Completo’
Con esta sinatura, a Comunidade de Montes de Tameiga comeza o ano 2025 colgando o cartel de completo en todos os seus espazos industriais, tanto aquí como no parque empresarial de Monte Faquiña.
Para o seu presidente, César Lago, a chegada de GLS é «unha boa nova, un paso máis na política desta entidade de xerar economía e emprego en Tameiga e en Mos». Pola súa banda, ter todos os espazos industriais ocupados «amosa a xestión lóxica e responsable que estamos a facer na política económica e que imos continuar aplicando no 2025».
Así, coas empresas que operan nos polígonos, a Comunidade de Montes está a aplicar o «modelo Copo», é dicir, o modus operandi que propiciou a recente sinatura coa empresa de compoñentes da automoción: «sentarse a negociar en pé de igualdade, con responsabilidade e pensando no ben común, comprendendo que cada quen defende o seu interese, mais sempre con respecto mutuo e desde posicións razoables. Así fixémolo con Copo e con máis de vinte empresas, e funcionou», apunta César Lago.
Tamén en vigoalminuto
- Caballero acusa a Rueda de estar en contra del AVE directo Vigo-Madrid y de una nueva autovía a Porriño
- Besteiro esixe ao alcalde de Barbadás que dimita, logo dunha denuncia por acoso laboral
- Críticas ao incremento das achegas do Concello á Igrexa Católica
- KLM conectará Santiago de Compostela con Ámsterdam, a partir del próximo verano
- En peligro 1,9 millones recibidos por el Concello para bonificar viajes en Vitrasa
- Vigolandia vuelve al IFEVI con cinco días de ocio infantil, grandes hinchables y animación
A plataforma loxística de GLS
GLS escolleu a nave do polígono industrial do Rebullón para a súa nova plataforma loxística, entre outras razóns, polo seu emprazamento estratéxico, con acceso directo á AP-9 e á A-52.
A instalación ocupa uns 2.000 m2 de superficie total, cun entorno funcional e unha zona de oficinas distribuída en dúas plantas. Na nave, GLS aplicou sistemas innovadores, como unha cinta con retorno a granel e un pop-up eléctrico, deseñados para facilitar a xestión dun elevado volume de paquetes de forma eficiente. A cinta de clasificación automatizada é quen de procesar desde Mos ata 3.000 paquetes por hora.






